Nova iluminación para que sexa máis seguro pasear pola senda do Gafos na Pontenova
Por Redacción
A senda fluvial do río dos Gafos que discorre por A Pontenova, na desembocadura do afluente, é xa máis segura para que a poboación pasee durante todas as horas do día como resultado dun proxecto de mellora da iluminación impulsado polo Concello de Pontevedra
A empresa especializada Setga acaba de rematar os traballos para dotar dunha moderna iluminación este treito. Segundo a información facilitada polo Concello, a Concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural destinou unha achega económica de 4.267,83 euros a esta actuación.
Trátase dunha actuación moi demandada tanto polos usuarios do sendeiro como pola veciñanza da zona e consistiu na instalación de catro luminarias LED que respostan a criterios de precisión, eficacia e estabilidade óptica.
O concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, Iván Puentes, explicou que os traballos de canalización e instalación das novas luminarias responden aos máximos estándares de calidade e fiabilidade no alumeado público e o modelo de luminarias empregado é o resultado dun proceso industrial altamente sostible, caracterizado pola capacidade de reciclaxe e optimización dos materiais empregados, o que garante a súa completa reutilización por parte doutras industrias nun futuro.
Paralelamente a esta actuación, o servizo municipal de Medio Ambiente tamén destinou unha achega de case 6.000 euros para que a asociación ecoloxista Vaipolorío poida desenvolver o servizo de mantemento do treito rural do sendeiro do ENIL do río dos Gafos.
Relacionadas:
-
Pontevedra estrea paisaxe nocturna coa nova iluminación das súas pontes
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
Unha empresa de Pontevedra renovará un terzo da iluminación de toda Ámsterdam
Por Alejandro Espiño |
-
Aproban o cambio a LED de toda a iluminación pública de Campañó, Alba e Cerponzóns
Por Alejandro Espiño |
-
Haberá sinalización con paneis informativos na Xunqueira de Alba e nos Gafos
Por Redacción |
-
A Peralba estrea a súa nova iluminación LED
Por Redacción |
-
Denuncian a pasividade das administracións coas verteduras de fecais ao río Gafos
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra pon a punto os xardíns urbanos e áreas de xogo da cidade
Por Redacción |
-
Vaipolorío organiza unha festa para celebrar a declaración do Gafos como ENIL
Por Redacción |