Pontevedra gaña o premio de Seguridade Viaria Urbana da Comisión Europea
Por Alejandro Espiño
Pontevedra suma un novo premio internacional ao seu modelo urbano. Nesta ocasión chega da man da Unión Europea. A cidade foi elixida como a gañadora do primeiro Urban Road Safety Award, un premio de seguridade viaria urbana, convocado pola Comisión Europea para premiar boas prácticas en materia de mobilidade sostible.
A Boa Vila era unha das tres cidades finalistas que optaban a este premio, xunto a Jaworzno (Polonia) e Ordu (Turquía).
O palmarés destes premios, que se entregaron con motivo da Semana Europea de Movilidad, complétase coas localidades de Kruševac (Serbia) e Karditsa (Grecia), que recibirán o Premio Semana Europea da Mobilidade 2019 para municipios grandes e pequenos, respectivamente.
Ademais, a rexión de Bruxelas foi elixida como a gañadora do oitavo Premio á Planificación da Mobilidade Urbana Sostible.
A comisionada de Transporte, Adina Vălean, destacou que as accións impulsadas por estas catro cidades son "exemplos poderosos" que ilustran o papel que os líderes locais desempeñan "para que as nosas cidades sexan máis limpas, seguras e sostibles".
"Espero que isto sirva de inspiración para os pobos e cidades que están a reconsiderar as súas estratexias de mobilidade, especialmente por mor da pandemia actual", engadiu.
No caso de Pontevedra, a Comisión Europea destaca que a cidade logrou reducir as mortes na estrada de maneira "consistente" desde 1999, alcanzando a "impresionante cifra" de cero falecidos desde fai nove anos.
As medidas implantadas na cidade pontevedresa, engade o xurado, aseguran que a seguridade e a sustentabilidade "vaian da man" a través dunha estratexia de vixilancia "clara e coidadosa" para identificar as políticas máis efectivas en materia de mobilidade activa.
O xurado asegura quedar "impresionado", entre outras medidas, cos límites de velocidade que oscilan entre os 10 e os 30 quilómetros por hora, con que o 80% dos nenos vaian sós á escola ou coa creación de espazos públicos "atractivos" para os cidadáns.
A este respecto, o alcalde de Pontevedra sinalou que é un "orgullo" que a cidade siga sendo unha referencia en mobilidade sostible e recuperación de espazos públicos para os cidadáns, especialmente nestes momentos.
Entende Miguel Anxo Fernández Lores que moitas cidades "están facendo a correr" medidas para peonalizar áreas urbanas para que os seus habitantes poidan cumprir as recomendacións sanitarias, algo que en Pontevedra se impulsa desde hai dúas décadas.
Fernández Lores agradeceu o comportamento de todos os pontevedreses porque "todas as decisións que tomamos serven para que os espazos urbanos sexan seguros", logrando que Pontevedra sexa "unha cidade atractiva para vivir".
Relacionadas:
-
Poznan, Arxentina e Chile queren coñecer o modelo de cidade de Pontevedra, que presume de premio de Seguridade Viaria da UE
Por Redacción |
-
Pontevedra estrea vídeo para celebrar o premio Urban Safety Road sobre mobilidade
Por Redacción |
-
Pontevedra participa nos actos da Semana Europea da Mobilidade da Comisión Europea
Por Redacción |
-
Londres, Carcavelos e Poznan, as novas citas internacionais para o modelo de cidade
Por Redacción |
-
Lores, entrevistado pola Comisión Europea polo premio Urban Road Safety Award
Por Redacción |
-
O Ministerio de Transición Ecolóxica felicita por carta a Pontevedra polo seu recente premio da Comisión Europea
Por Redacción |
-
Pontevedra, invitada a un encontro pola reconstrución das cidades organizado por Al Gore
Por Redacción |
-
Pontevedra, finalista ao primeiro premio que entrega a Comisión Europea en seguridade viaria urbana
Por Alejandro Espiño |