Lores cre que Galicia "non está en condicións" de celebrar eleccións e Carmela Silva que é unha "irresponsabilidade"
Por Natalia Puga & Alejandro Espiño
O alcalde de Pontevedra e a presidenta da Deputación Provincial, Miguel Anxo Fernández Lores e Carmela Silva, mostráronse este luns moi duros coa convocatoria de eleccións autonómicas en Galicia o próximo 12 de xullo, en plena pandemia do coronavirus.
Lores asegurou, nunha comparecencia #ante os medios por vía telemática, que Galicia "non está en condicións" de acudir a estas cita electoral e que, no medio da pandemia, non será posible unha campaña "normalizada" na que "non haxa perigo" de que os cidadáns poidan acudir a unha mesa electoral "sen contaminarse".
En todo caso, e xa en clave de pre campaña, o alcalde de Pontevedra avanzou que "traballarei todo o que poida" por un cambio político en Galicia da man do seu partido, o BNG, que ofreza unha "alternativa coherente" fronte a un presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, que é "a voz do seu amo" e ao que ve máis preocupado por Madrid que por Galicia.
O dirixente nacionalista sostén que "somos un país rico mal gobernado" e confía en que se activen na comunidade políticas "adaptadas aos intereses dos galegos" e os seus fillos poidan "vivir dignamente" en Galicia.
A presidenta da Deputación cre que Feijóo é "desleal" con Galicia e "irresponsable" coa saúde da cidadanía ao convocar as eleccións e lémbralle que o proceso electoral do 5 de abril paralizouse cun acordo coa oposición, de modo que está "obrigado" a acordar a nova data cos mesmos grupos políticos.
Carmela Silva móstrase moi crítica con Feijóo porque ve "irresponsable" coa cidadanía porque a evolución da pandemia é "impredicible" e "ninguén pode asegurar que en xullo esteamos en mellor disposición que en setembro" nin hai ningún informe sanitario que avale a decisión. Pola contra,"si que se pode asegurar que é moi complicado, por non dicir imposible, ter preparados os espazos" necesarios para a celebración das eleccións, tanto en canto a desinfección como a mantemento de distancias.
"A Feijóo simplemente móvelle o seu interese particular ou partidario", critica Carmela Silva, que cre que supón "unha irresponsabilidade gravísima" por parte de Feijóo.
Relacionadas:
-
O BNG ratifica as súas listas para o 12X con Bará como candidato por Pontevedra
Por Redacción |
-
A presidenta da Deputación reclama a Núñez Feijóo unha reunión para crear un plan de reconstrución de Galicia
Por Redacción |
-
Os galegos, chamados de novo a votar o 12 de xullo nas eleccións aprazadas polo coronavirus
Por Natalia Puga | Creada e actualizada