O Concello de Marín analiza co sector comercial e hostaleiro medidas para reactivar a actividade e o consumo
Por Redacción
O Concello de Marín reunía este luns aos interlocutores da mesa de traballo para a reactivación da economía local, na que ademais de representantes dos tres grupos políticos municipais, participan a Asociación Estrela de Marín, a Asociación de Comerciantes Marín Sur ( Acemas) e a Asociación Praza de Abastos.
Durante a reunión repasáronse as medidas de apoio ao sector que xa se adoptaron no ámbito fiscal, en dotación de material de prevención e de promoción como a web Marín en Rede. Neste último apartado expúxose desenvolver un market place en colaboración con todos os colectivos comerciais do municipio e axudar naquelas campañas que o sector promova e traslade ao Concello. Outra liña de actuación pasará pola formación en competencias no ámbito dixital.
No caso da hostalería está a estudarse a ampliación horaria e de espazo das terrazas e para aqueles establecementos que non as tivesen, a posibilidade de que poidan ocupar espazos reservados para estacionamento; todo iso sempre facéndoo compatible co espazo e tránsito peonil. Outra das accións contempladas é a distribución duns adhesivos para as mesas das terrazas con códigos QR que remitirán á web Marín en Rede e mediante os que se poderán consultar dixitalmente as cartas dos establecementos.
Durante a sesión tamén se expuxo a recuperación do mercadillo de Seixo, ademais da progresiva ampliación do mercadillo dos xoves en Marín; así como campañas para fomentar o consumo de proximidade. As iniciativas expostas nesta mesa de traballo levarán ao próximo pleno previsto para o mes de xuño.
Propostas do BNG
Desde o BNG se expuxo a idoneidade de complementar as propostas con iniciativas culturais que sirvan de apoio á actividade comercial local, tales como concertos de rúa, contacontos, teatro, cinema ou intervencións artísticas ao aire libre, exposicións en escaparates así como en espazos abertos.
O grupo nacionalista considera que a web Marín en Rede require un maior esforzo de información para atraer o maior número de participantes e que a proposta do market place hai que poñela a funcionar canto antes. Ademais engaden que é necesario "acurtar trámites burocráticos, evitar duplicidades nas xestións de apoio a pemes e autónomos e instar á Xunta a crear un plan de reactivación económica" como solicitaron no último pleno.
Relacionadas:
-
E cinco anos despois, Seixo celebrou o seu mercadillo
Por Redacción |
-
Marín recupera o mercado ambulante de Seixo con 17 postos
Por Redacción |
-
O servizo a domicilio salvou ás vendedoras da praza de Marín durante o confinamento
Por Redacción |
-
Marín amplía as mesas autorizadas nas terrazas e reparte adhesivos con acceso á carta online
Por Redacción |
-
Marín reabre as súas pistas deportivas ao aire libre para o seu uso público
Por Redacción |
-
Marín suspende os campamentos de verán ante a crise sanitaria da COVID-19
Por Redacción |
-
Marín recupera a súa feira con postos máis curtos para garantizar a distancia de seguridade
Por Redacción |
-
Marín autoriza aos seus hostaleiros á colocación de 50 novas mesas nas súas terrazas
Por Redacción |
-
O sector pesqueiro e marisqueiro da ría de Pontevedra mantén a esperanza pola recuperación da actividade
Por Oskar Viéitez |
-
147 marinenses reciben vales de alimentación desde que empezou a corentena
Por Oskar Viéitez |
-
O PSOE pide medidas temporais para que bares sen terraza poidan instalar veladores
Por Redacción |
-
Flores, plantas, froitas e verduras volven ao mercado ambulante de Marín este próximo xoves
Por Redacción |