Balance do coronavirus na área sanitaria: oito pacientes curados e un positivo menos
Por Natalia Puga
A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés ten este martes 19 de maio 56 casos activos de coronavirus, un menos que o luns, aínda que en realidade si se rexistraron novos positivos, pois na última xornada rexistráronse oito curacións de pacientes.
Segundo o balance oficial do Servizo Galego de Saúde, este martes non hai ningún paciente hospitalizado na área sanitaria, nin na Unidade de Coidados Intensivos nin en planta dos distintos hospitais da área. É xa o terceiro día positivo sen pacientes no hospital e o día 15 sen pacientes en unidades de críticos. Este dato implica que os 56 casos activos evolucionan no seu domicilio.
Desde o inicio do plan de continxencia da COVID-19 curáronse 794 pacientes nesta área sanitaria, oito nas últimas 24 horas, e faleceron 16 pacientes.
A nivel autonómico, segundo o último balance da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 1.136, deles 283 son da área da Coruña, 72 da de Lugo, 190 da de Ourense, 56 da de Pontevedra, 328 da área de Vigo, 176 da de Santiago, e 31 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 15 permanecen en UCI, 92 están en unidades de hospitalización e 1.029 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.281 persoas curadas, rexistrándose 607 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 127.359 e o número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia supoñen o 0,6% do total das persoas residentes. En toda Galicia contabilízanse 155 usuarios e 111 profesionais contaxiados en centros residenciais e producíronse 132 falecementos en residencias e 138 en hospitais e residencias integradas.
A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus. Neste número pódense resolver todas as dúbidas dos cidadáns respecto diso e tamén consultar sintomatoloxía leve.
Sinalar, ademais, que o Sergas ten ao dispor da cidadanía unha páxina web, na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.
Relacionadas:
-
Montecelo rexistra un ingreso hospitalario por coronavirus, con 50 casos activos na área sanitaria
Por Diego Espiño |
-
Só o 1,35% da poboación da área sanitaria éstá inmunizada fronte o coronavirus, segundo o estudo do Sergas
Por Redacción |
-
Cuarto día consecutivo sen pacientes hospitalizados por coronavirus na área sanitaria, con 51 casos activos
Por Diego Espiño |
-
Segundo día sen hospitalizados por coronavirus na área sanitaria, que ten 57 casos activos
Por Natalia Puga |