Veciños de Ons, molestos coa Xunta polos cupos para acceder á illa, encérranse no Concello de Bueu
Por Redacción
A diferente interpretación do acordo alcanzado no 2019 entre a Xunta de Galicia, os residentes na illa de Ons e o Concello de Bueu motivou a mobilización dos illáns, que iniciaron un peche no Salón de Plenos do Concello de Bueu, para esixir a goberno autonómico que respecte o sistema de cotas.
Alegan os veciños que en setembro do 2019 acordouse establecer unha cota para illáns de 800 persoas en total. De existir unha demanda superior a esas 800 prazas preasignadas, bloquearíanse outras 300 prazas da cota de visitantes, pero non con anterioridade nin na súa totalidade. "A demanda dos veciños de Ons non vai superar eses limiares", aseguran os afectados, quen reclama a convocatoria da Mesa por Ons, da que forma parte a Xunta, se non se cumpren as condicións pactadas.
O último en unirse ás reivindicacións dos illáns é o alcalde de Bueu, Félix Juncal, quen acusa ao goberno de Feijoo de "irresponsable e desleal" coas persoas de Ons. "Non estamos dispostos a aceptar que o acordo ao que se chegou o 18 de setembro de 2019 sexa incumprido e interpretado nun sentido totalmente oposto”, subliña Juncal, quen lembra que "a cota para illáns é de 800 persoas en total, ao que habería que engadir, se houbese demanda, un bloqueo de ata 300 prazas da cota de visitantes".
Antes da campaña de Semana Santa, desde o departamento de alcaldía remitiron un escrito ás consellerías encargadas da xestión da illa solicitando aclaracións relacionadas co acordo sen recibir aínda unha resposta, denuncia o rexedor nacionalista.
Relacionadas:
-
Bueu pide á Xunta que aclare como será o acceso da veciñanza á illa de Ons
Por Redacción |
-
A 'Mesa por Ons' calma a preocupación da veciñanza: sae con garantías para o acceso á illa
Por Redacción |
-
Esixen á Xunta que garanta aos veciños de Ons o acceso sen restricións ás súas vivendas
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Os isleños regresan a Ons
Por Oskar Viéitez |