Sete gatos recollidos en Cuntis buscan fogar con urxencia
Por Redacción
Efectivos do Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil de Cuntis rescataban nos últimos días a sete gatos e agora, desde o Concello, fai un chamamento para buscarlles fogar de maneira urxente.
Primeiro atoparon unha gata con catro crías, que foron rescatadas da rúa no centro urbano da vila. Días despois, o servizo recibía un novo aviso duns veciños que paseaban polo monte de Gontade, na parroquia de Piñeiro. Alí aparecían outros tres pequenos gatos abandonados no monte presuntamento, sinalan desde o Concello, por algunha persoa cun comportamento totalmente "desaprensivo".
Todos os animais foron recollidos e trasladados á base de Protección Civil onde están a convivir á espera de que aparezan persoas interesadas na adopción dos pequenos felinos. Este servizo carece de capacidade para atender a longo prazo a toda esta camada. Por este motivo reclaman a colaboración de familias que queiran acollelos para evitar a entrega a un centro de recollida ou a unha protectora.
Calquera particular interesado en adoptar un ou varios dos gatos pode contactar cos integrantes de Protección Cvil a través do teléfono 647 411 980.
Relacionadas:
-
A pandemia chegou para revolucionar e acaparar a actividade de Protección Civil de Cuntis
Por Natalia Puga |
-
Bigotes felinos de Poio pide axuda urxente para que 'Levi' reciba atención veterinaria
Por Redacción |
-
RADIO.- Bigotes felinos de Poio busca colaboración do Concello para implantar o método CES no municipio
Por Marisa Ciordia |
-
29 cans adoptados na primeira semana de reapertura do CAAN
Por Redacción |
-
O Centro de Acollida de Animais da Deputación volve tramitar adopcións de cans
Por Redacción |