O PP reitera a súa petición de cambio de nome do parque de Médico Ballina e que se lle dote de árbores
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Ante a proximidade da inauguración do parque infantil de Médico Ballina, anunciada para o 6 de xullo, o concelleiro do Partido Popular de Pontevedra e responsable da formación no rural, Martín Martínez, lembrou ao Concello a petición que rexistrou o pasado 21 de febreiro na que solicitaba o estudo do cambio de nomenclatura do parque de Médico Ballina, para facer referencia "á Sociedade de Agricultores de Lérez, fundada non ano 1896".
Martínez considera que Pontevedra ten "unha débeda histórica cara a aquelas persoas que achegaron o seu gran de area por unha sociedade máis xusta" e que debe "moito a aqueles pioneiros da nosa cidade", non só desde un punto de vista social senón tamén histórico, xa que "se trata da primeira sociedade agraria de Galicia", dada a súa data de creación.
"A súa sede atopábase na zona de Médico Ballina polo que este cambio de nomenclatura é un símbolo de consideración e honra a aqueles que sentaron as bases das agrupacións rurais aos que moitos estamos vinculados hoxe en día, e que seguen traballando polo ben da comunidade hoxe en día", engade o concelleiro popular.
Ademais desta nomenclatura, desde o Partido Popular tamén se solicita ao Concello que dote a este parque de "diversas árbores co obxectivo de proporcionar sombra, debido á orientación deste espazo".
O GOBERNO LOCAL VE CON BOS OLLOS A PROPOSTA
A raíz desta petición, desde o goberno local aseguran que ven "con bos ollos" a proposta de homenaxear neste parque á Sociedade de Agricultores de Lérez, aínda que en busca do maior consenso posible piden esperar a que o asunto sexa debatido na correspondente comisión municipal.
Ademais desde a concellería de Parques e Xardíns defenderon que a plantación de árbores nesta nova instalación "está contemplada".
Relacionadas:
-
Plantan trece árbores para darlle sombra ao parque infantil de Médico Ballina
Por Redacción |
-
Ganas de xogar no demandado parque infantil de Médico Ballina: “Es como un sueño hecho realidad”
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
Médico Ballina estreará a próxima semana o seu ansiado parque infantil
Por Alejandro Espiño |
-
O PP de Pontevedra pide reforzos para o Rexistro e o Padrón para evitar o seu "colapso"
Por Redacción |
-
O PP pide o reforzo dos servizos sociais en Pontevedra
Por Redacción |
-
6 de xullo, nova data para a estrea do parque infantil de Médico Ballina
Por Alejandro Espiño |
-
O parque infantil de Médico Ballina vai tomando forma
Por Redacción |
-
Un agasallo para cando os nenos da rúa Médico Ballina rematen o confinamento
Por Oskar Viéitez |