O Centro de Interpretación de Petróglifos de Mogor retomará a súa actividade o 13 de xuño
Por Redacción
O Centro de Interpretación de Petróglifos de Mogor volverá abrir as súas portas para partir do 13 de xuño sempre que a situación de crise sanitaria pola pandemia do Covid-19 o permita. Aínda así, o Concello de Marín informa que haberá modificacións no funcionamento habitual deste lugar para cumprir coas normas da desescalada.
Estarán permitidas as visitas en grupo sempre que haxa reserva previa un máximo de dez participantes. Ademais desenvolverase exclusivamente no exterior do centro, nas rocas con mostras de arte rupestre.
As condicións sanitarias e de prevención de contagios que haberá que cumprir serán anunciadas a medida que se achegue a data de apertura en función do marco legal da desescalada e as indicacións das autoridades sanitarias.
A reserva poderá tramitarse a través do correo electrónico petroglifos.mogor@gmail.com ou entre martes e xoves no teléfono 647 368 939.
Relacionadas:
-
O Centro de Interpretación dos Petroglifos de Mogor apura os últimos días do seu horario de verán
Por Redacción |
-
O CIP de Mogor mantén a súa oferta diúrna e nocturna, con grupos reducidos, en agosto
Por Redacción |
-
O Centro de Interpretación de Petróglifos de Mogor volve recibir visitas este sábado
Por Redacción |
-
Marín volve presentar candidaturas para a Rede de Sendeiros Azuis
Por Redacción |
-
Marín quere de novo a bandeira azul para Portocelo, Mogor, Aguete, Loira e O Santo
Por Redacción |
-
O Centro de Interpretación dos Petroglifos de Mogor é de bandeira
Por Redacción |