E agora que? Reinventa a túa empresa con AEMPE
AEMPE, a Asociación de empresarios da pequena e mediana empresa de Pontevedra, presenta un programa de formación destinado a que as empresas aproveiten as súas fortalezas para construír un negocio sólido que permita unha volta á normalidade trala crise sanitaria nas mellores condicións.
Reinventa a túa Empresa en tempos do coronavirus está dirixido a empresarios, profesionais de empresa que participan na dirección e xestión de PEMES, emprendedores e sucesores na xestión de empresas familiares dispostos a reaccionar e construír un plan de reconstrución ou reinvención das súas organizacións nestes novos tempos do coronavirus.
CANDO OS TEMPOS SON DUROS, SÓ OS DUROS AVANZAN
A irrupción do coronavirus nas nosas vidas está facéndonos ver que a súa chegada non é unha crise máis, estamos ante unha nova era. Xa nada é igual, e o máis importante, nada será igual. Debes reinventar a túa empresa e transformar a túa organización.
Conscientes do que iso significa para os xestores de empresa, AEMPE quere ser a primeira en reaccionar contigo para axudarche a debuxar un plan "anticrise" poñendo á túa disposición:
- Un foro de reflexión para todos os que temos empresas e persoas ao noso cargo e que asumimos a responsabilidade de impedir a parálise económica do noso país
- Un programa de formación e desenvolvemento que sirva para contar coa mellor información e os mellores consellos de expertos que arroxen luz sobre as decisións e accións que deben guiar o futuro inmediato da túa empresa
- Un lugar de encontro, porque os momentos e as decisións dificiles levan mellor en boa compañía
MÓDULOS DO PROGRAMA
- Estratexia ante a crise: O plan de reinvención da túa empresa
- As relacións laborais e as decisións que debes tomar xa ante esta crise
- Como planificar e controlar a xestión económico-financeira en situacións críticas?
- Cando os tempos son duros, só os duros aguantan: Alternativas financeiras para soportar esta crise
- Craves para reorganizar a túa empresa e redimensionar o teu persoal
- Que hai de novo e que xa non serve no márketing tras o coronavirus?
- Como asegurar e xestionar a cadea de subministración na nai das crises?
- Transformando dixitalmente a miña empresa en tempos do coronavirus
DESTINATARIOS
Reinventa a túa Empresa en tempos do coronavirus está dirixido a empresarios, profesionais de empresa que participan na dirección e xestión de PEMES, emprendedores e sucesores na xestión de empresas familiares dispostos a reaccionar e construír un plan de reconstrución ou reinvención das súas organizacións nestes novos tempos do coronavirus.
OBXECTIVOS
Axudar aos participantes na toma de decisións e o deseño do seu inminente plan de acción ante a nova realidade. Contar para iso co criterio e o consello de expertos en planificación e xestión empresarial que contan cunha ampla experiencia en situacións de reinvención e reestruturación empresarial nas diferentes áreas da empresa.
Percorrer, unha a unha, as funcións crave nas que é imprescindible tomar decisións e contar cun plan de choque.
Axudar, achegando método, á elaboración dunha folla de ruta, un "kit de supervivencia anticrise", un Plan Director útil para elixir o futuro, repensar a túa organización e reenfocar o teu negocio.
AEMPE E GALICIA BUSINESS SCHOOL
- Equipo docente 100% profesional: todos directivos de empresa
- Formamos ás principais empresas galegas
- O noso alumnos prescríbennos: satisfacción do 99%
- Claustro formado por máis de 100 expertos en activo
- Formación Internacional sen saír de Galicia
INFORMACIÓN DE INTERESE
- Curso gratuíto. AEMPE, comprometida coa formación, financia o 100% do custo deste programa de formación e desenvolvemento nestes momentos críticos para o futuro das nosas empresas
- Modalidade de formación: presencial dixital
- Duración: 24 horas divididas en 8 sesións
- Datas: 26 e 28 de maio / 2, 4, 9, 11, 16 e 18 de xuño
- Horario: martes e xoves de 9:00 a 12:00
- Información e inscrición: 986 866 376 / gerencia@aempe.com / Formulario online
Relacionadas:
-
50 profesionais participan no programa 'Reinventa a túa empresa en tempos do COVID', de AEMPE
Por Redacción |
-
O presidente de Aempe critica a "inseguridad jurídica" xerada polo Goberno e os "contrasentidos" da desescalada
Por Oskar Viéitez |
-
Converter ameazas en oportunidades, proposta da plataforma impulsada por AEMPE ante o coronavirus
Por Redacción |
-
Aplicar un ERTE ou non, esa é a cuestión
Por Manu Otero |