Buscan un home que atracou un banco na Lama con máscara e alegando levar unha arma
Por Natalia Puga
A Garda Civil estableceu un operativo de vixilancia para localizar un home que ao mediodía deste xoves atracou unha sucursal bancaria na Lama coa cara cuberta por unha máscara e alegando ter unha arma.
Os feitos ocorreron sobre as 13.00 horas deste xoves na sucursal de Abanca na Lama. Un home cunha máscara entrou e ameazou á caixeira cunha arma que non chegou a sacar. Tras facerse co diñeiro, fuxiu a pé.
Tras a chamada de alerta, a Garda Civil estableceu un dispositivo especial para tentar localizar o atracador.
Segundo indicaron fontes policiais, a caixeira estaba soa no interior do establecemento cando entrou o atracador. A muller non chegou a ver a arma, pero el ameazoulle con que a usaría contra ela se non lle entregaba o diñeiro.
Ata o momento non transcendeu a cantidade de diñeiro roubado.