Poio publica unha guía virtual para a procura de emprego en tempos do coronavirus
Por Redacción
O Servizo de Orientación Laboral de Poio, que pertence á concellería de Promoción Económica, indica á cidadanía que ten á súa disposición unha ferramenta virtual denominada Guía de Procura de Emprego en Tempos de Coronavirus, que vai dirixida a todas aquelas persoas que se atopen nun período de procura de emprego nestes momentos de crise económica derivada da pandemia da COVID-19.
Esta guía contén preto dun centenar de ligazóns a portais especializados nos que se ofrece información sobre o mercado laboral. Gregorio Agís, concelleiro responsable desta área, sinala que se trata dunha ferramenta que pode axudar en materia de asesoramento, formación e coñecementos.
A guía indica portais de emprego e webs concretas sobre ofertas laborais e divídese en idades, sectores e especialización profesional. conta con redes específicas sobre procura de emprego. Tamén ofrece cursos gratuítos de formación, simuladores para practicar entrevistas laborais online e explicacións para desenvolver correctamente un currículo.
Ademais, desde a concellería lémbrase que a orientadora laboral está ao dispor daquelas persoas que precisen algunha aclaración ou unha indicación para poder buscar no actual mercado de traballo.
As persoas interesadas deberán poñerse en contacto a través do correo electrónico orientacionlaboral@concellopoio.gal ou a través do teléfono 986 770 001 (extensión 1502).
Relacionadas:
-
Asesoramento e titorías para axudar a veciños de Poio a atopar traballo
Por Redacción |
-
O Concello impulsa o programa 'Poio Confía' para apoiar o tecido empresarial do municipio
Por Redacción |
-
O PP solicita a creación dunha mesa de reconstrución social económica para Poio
Por Oskar Viéitez |
-
Poio aproba por unanimidade o plan financieiro para estabilizar a súa economía
Por Redacción |