Rozan a estrada entre O Grove e San Vicente para preparala para o verán
Por Redacción
A estrada entre O Grove e San Vicente, unha das máis transitadas do municipio, especialmente no verán, está a ser preparada para a chegada da tempada estival.
Logo de que se retomara a actividade na vía pública, a Deputación de Pontevedra puxo en marcha o plan de traballo para o mantemento de estradas da súa titularidade na provincia e unha delas é esta do Grove.
Unha unidade de roza e dous operarios estarán traballando durante os vindeiros días.
Este traballos considéranse fundamentais polo Concello do Grove para a posta a punto da localidade, tan necesaria logo do parón producido durante a corentena.