As instalacións municipais de A Lama abrirán a partir do luns
Por Redacción
O Concello de A Lama reactiva, desde este luns e con horario normal, a atención presencial nas súas oficinas baixo estrictas medidas de seguridade sanitaria de obrigado cumprimento.
As instalacións municipais contarán con mamparas de protección e se deberá gardar o distanciamento social e as normas de aforo máximo.
Ademais, entre as medidas de seguridade previstas polo Concello de A Lama está a obrigatoriedade de acceder ás instalacións municipais cos elementos de autoprotección como mascarillas, luvas e o uso de xel hidroalcólico ao entrar e ao saír dos edificios públicos. Estes elementos estarán a disposición dos cidadáns en lugar ben visible e accesible nada máis entrar no Consistorio.
Así mesmo, tal e como informan dende o Concello, os operarios municipais que estiveron ao longo destes días alternando os seus servizos de xeito presencial no Consistorio e teletraballando estarán a partir do luns desempeñando de xeito directo as súas funcións nas oficinas municipais dentro do establecido polas autoridades sanitarias e gubernativas para combatir a pandemia do Covid-19 e recollidas nas normas aprobadas durante o Estado de Alarma.
Pola súa banda, o Centro de Información á Muller (CIM) estivo operativo nas súas funcións con especial atención a calquera alerta que se puidera producir por casos de violencia de xénero. Tamén se mantivo activo o servizo de asesoramento, acompañamento e atención a calquera muller que precisara algún tipo de información o función dependente do CIM de A Lama.
Durante todo este proceso, o persoal estivo a disposición da cidadanía de xeito telefónico e telemático aínda que tamén se atenderon casos de xeito escepcional de persoas que se achegaron ata as instalacións municipais para resolver algunha cuestión imprescindible.
Asemade, desde os servizos públicos, os operarios adscritos a Servizos Sociais atenderon e seguen a atendendo as demandas das persoas que viven soas, en especial situación de vulnerabilidade, e que precisan do auxilio e a colaboración do Concello para atender as súas necesidades no acceso a alimentos básicos ou medicinas.
Tamén mantiveron activos os servizos de apoio aos nenos e nenas en idade escolar para poder imprimir e levar aos seus respectivos domicilios apuntes, fichas ou deberes.
O alcalde, Jorge Canda agradeceu o traballo desempeñado polos operarios municipais ao longo destes días de Estado de Alarma e fixo un chamamento á responsabilidade activa da cidadanía para que se observen tódalas medidas de seguridade sanitaria dispostas no Consistorio e que empezarán a estar operativas a partir deste luns 25 de maio.
Relacionadas:
-
O Concello manterá pechadas as instalacións deportivas municipais durante a fase 2
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas abre as súas oficinas municipais para a atención con cita previa
Por Redacción |
-
O persoal do Concello de Marín volverá á actividade por quendas e con medidas de seguridade
Por Redacción |