Marín autoriza aos seus hostaleiros á colocación de 50 novas mesas nas súas terrazas

Por Redacción
O prazo concedido polo Concello de Marín aos hostaleiros para solicitar a ampliación das súas terrazas serviu para instalar, de forma ordenada e controlada polo goberno local, medio centenar máis de mesas na vía pública para axudar a estas empresas para superar á crise económica motivada pola pandemia do coronavirus.
"Aínda estamos a terminar de analizar co equipo técnico do Concello aquelas peticións nas que hai maior complexidade para ampliar as terrazas dado que ocuparían prazas de estacionamento ou por falta de espazo", detalla a concelleria Marián Sanmartín, quen espera resolver todas as demandas ao longo da próxima semana.
A partir do luns o Concello empezará a repartir entre os establecementos uns adhesivos con forma circular que servirán para identificar aquelas mesas autorizadas polo executivo marinense. Ademais, estes adhesivos terán un código QR que ao escanearlo co móbil redirixe ao usuario á páxina web Marín en Rede, na que cada local poderá colgar a súa ficha multimedia, a súa carta ou calquera información que poida resultar de interese para os clientes.
O obxectivo é facilitar o máximo posible a actividade ao sector hostaleiro debido a que por razóns de hixiene non poden empregarse cartas nin obxectos compartidos entre a clientela.
Relacionadas:
-
O Concello de Marín supervisa a colocación de terrazas
Por Oskar Viéitez |
-
Marín amplía as mesas autorizadas nas terrazas e reparte adhesivos con acceso á carta online
Por Redacción |
-
Marín suspende os campamentos de verán ante a crise sanitaria da COVID-19
Por Redacción |
-
O Concello de Marín analiza co sector comercial e hostaleiro medidas para reactivar a actividade e o consumo
Por Redacción |
-
Unha ducia de locais instalan terrazas no casco urbano de Marín no primeiro día da fase 1
Por Redacción |
-
Marín suprime o pago de impostos a comercios e locais de hostalería durante o estado de alarma
Por Redacción |