Repoñen o firme na rotonda de San Roque e na contorna da praza de touros
Por Redacción
A partir do luns o ámbito de San Roque e da praza de touros estará en obras. Vanse a facer traballos para repoñer o firme das rúas, o que obrigará a facer restricións de tráfico e desvíos provisionais durante tres días.
Esta será a primeira actuación prevista polo Concello para rehabilitar a capa de rodadura en tramos de diversas rúas da cidade nos que se detectou algún tipo de estrago, e que se enmarcan nos traballos incluídos no contrato de mantemento de espazos públicos urbanos.
A actuación, tras os labores preliminares de planificación dos traballos e a definición do operativo de tráfico necesario, comezará na rotonda entre San Roque e Paseo de Colón.
Por este motivo, entre as 8.00 e as 20.00 horas restrinxirase a circulación de coches, quedando o acceso a garaxes de Paseo de Colón habilitado no sentido habitual pola propia rúa con saída en sentido contrario cara a rúa Monteleón.
En canto aos autobuses, serán desviados en ambos sentidos por Corbaceiras cara a ponte das Correntes e o nó de Bombeiros.
O martes 26 e o mércores 27 as obras serán no perímetro da praza de touros, polo que os garaxes das rúas deste ámbito accederán polas rúas Irmáns Nodais, Pedro Mariño de Lobeira ou desde as Corbaceiras cando non sexa posible acceder desde a glorieta de San Roque.
A reposición do firme en rúas que presentan deterioro responde ao obxectivo de ter todos as vías da cidade en condicións óptimas de cara ao levantamento do estado de alarma e á incorporación do volume de tráfico rodado habitual.
Está previsto estender estes traballos nas vindeiras semanas a tramos de Xoán Carlos I -incluída a rotonda con Losada Diéguez-, praza de Galicia (o tramo da parada de autobuses), Fernando II, Juan Bautista Andrade, a rotonda de María Victoria Moreno ou a glorieta da rúa Echegaray con Alfonso XIII.
Relacionadas:
-
A Praza de Galicia renovará o seu firme na zona da parada de autobús
Por Redacción |
-
O edificio municipal da rúa Ferreiros, coas áreas de Urbanismo e Tesorería, abrirá ao público o 8 de xuño
Por Redacción |
-
Os traballos para a reposición do firme chegan a María Victoria Moreno e Fernando II
Por Redacción |
-
Rolda de asfaltados en rúas do centro urbano
Por Redacción |
-
Reparan farois e semáforos danados ou avariados para preparar a cidade para a desescalada
Por Redacción |
-
Inician os traballos para ter a cidade mellor acondicionada para a volta do confinamento
Por Oskar Viéitez |