Rescatan un ciclista que caera nunha pista entre Meaño e Sanxenxo
Por Redacción
Un ciclista foi rescatado esta tarde por efectivos do servizo municipal de Emerxencias de Sanxenxo tras sufrir un accidente mentres practicaba deporte.
Segundo informou o propio servizo, o accidente produciuse nunha zona coñecida como O Con. Concretamente foi nunha pista entre Meaño e Sanxenxo.
O ciclista, por causas que se descoñecen, perdeu o control da bicicleta e caeu ao chan.
A luxación no ombreiro que sufriu por culpa da caída impediu que puidese subir de novo á bicicleta, polo que se activou o dispositivo de rescate por parte das autoridades.