O PSOE de Sanxenxo considera "agravio comparativo" destinar 60.000 euros á parcelación da praia de Silgar
Por Redacción
A xunta celebrada pola entidade Turismo de Sanxenxo para aprobar o proxecto de adaptación da praia de Silgar á situación de pandemia provocou as críticas do Partido Socialista do municipio.
En concreto o seu portavoz, Ainhoa Fervenza, considera que "Sanxenxo ten máis de 20 praias estupendas", polo que "destinar un proxecto de 60.000 euros a Silgar e nin un só céntimo ás outras supón un importante agravio comparativo".
Para o PSOE trátase dun gasto desmedido ao entender que habería que estudar se esa cantidade de diñeiro "non se podería implementar medidas mais efectivas e que abarcasen algo máis que unha praia de 800 metros", criticou Fervenza.
O proxecto de parcelación de Silgar presentado no seu momento polo alcalde, Telmo Martín, foi motivo de votación, aprobándose por maioría pero sen unanimidade a contratación dunha empresa que provea e instale as estacas, cordas e demais elementos necesarios para a parcelación de Silgar.
"Inicialmente íano a facer operarios do Concello, pero por unha cuestión de tempos e aforro económico parece mellor opción contratalo a unha empresa externa", explica a portavoz socialista sinalando que no texto do proxecto non se especifica como se vai a xestionar na práctica o sistema de parcelación, máis aló de confirmarse a presenza da figura de acomodador e que será o Concello o que proporcione tumbonas e antucas previa desinfección das mesmas.
Relacionadas:
-
O PSOE de Sanxenxo esixe ao Concello que asuma a xestión dos comedores escolares e o Plan Madruga
Por Redacción |
-
Sanxenxo pide 5.000 millóns ao Goberno para rescatar aos concellos afectados pola Covid-19
Por Redacción |
-
Sanxenxo medirá con drones o aforo das súas praias pero non pensa en reservas con cita previa
Por Redacción |
-
Silgar quedará sen kiosco este verán para deixar o espazo libre para bañistas
Por Redacción |
-
Sanxenxo contratará vixiantes de apoio para controlar o aforo e distanciamento nas súas praias
Por Redacción |
-
Temen unha "mercantilización" das praias coas medidas de Telmo Martín para Silgar
Por Redacción |
-
Haberá acomodadores para controlar o aforo de Silgar
Por Oskar Viéitez |
-
VÍDEO.- Sanxenxo ordenará a praia de Silgar en 780 cuadrículas
Por Oskar Viéitez |