A UFP denuncia que "a Xunta abandona aos seus policías"
Por Redacción
A Unión Federal de Policía (UFP) denunciou publicamente o que consideran un "abandono" ou un "deixación de funcións" por parte das autoridades competentes da Xunta de Galicia.
Segundo este sindicato, a Xunta "esqueceuse novamente dos seus policías da Unidade Adscrita e deixounos á súa sorte, ou sexa, sen o material EPIS de protección necesario fronte ao Covid 19".
Nun comunicado difundido este luns a UFP afirma que os axentes víronse obrigados a pagalo do seu peto se querían poder dar servizo á sociedade e, ao mesmo tempo, protexerse. A Unión Federal de Policía agradece as doazóns altruístas de empresas particulares que, cos seus agasallos, permitiron liberalos un pouco destes gastos.
A UFP dirixiuse por escrito ao Director Xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, solicitando a protección básica e necesaria para que os policías pero non obtivo resposta algunha nin tampouco o material.
Segundo explica este sindicato a Dirección Adxunta Operativa da Policía en Madrid ofreceuse a enviar unhas caixas con EPis a través de funcionarios do Corpo Nacional de policía, da Xefatura Superior de Policía de Galicia, desprazados na capital. A resposta da Unidade Adscrita de Galicia foi que xa se encargaban eles de recollelos, de maneira que tardaron máis de quince días en proporcionar este material aos policías, deixándoos desprotexidos durante ese tempo. Un material, que doutra banda, foi moi escaso e está xa esgotado.