‘Sentidiño fronte o Covid-19’ nos establecementos comerciais de Pontevedra
Por Redacción
A plataforma Reinicia Pontevedra #PonteLovers impulsada pola Concellería de Promoción Económica e Turismo comezaba este luns a repartición de 2.000 carteis entre os establecementos comerciais da cidade.
Dous son os carteis que forman parte desta campaña. Un de tipo xenérico, baixo o lema ‘Sentidiño fronte o Covid-19’, onde un robot seguindo a estética dos superheroes anima aos comerciantes a continuar coas boas prácticas fronte ao coronavirus. No segundo cartel lémbranse as instrucións de prevención e seguridade no interior dos locais.
‘Pola seguridade de todos’ é a frase que acompaña a este segundo cartel onde a figura do robot Sentidiño de novo contribúe a divulgar medidas de seguridade como o uso obrigado da máscara de protección, o respecto aos aforos máximos marcados, o mantemento da distancia de seguridade de dous metros, a dispoñibilidade de xel hidroalcólico e a importancia de evitar tocarnos a cara, a boca, o nariz e os ollos.
Dentro desta actividade informativa e de apoio ao comercio, nos últimos días procedeuse á distribución de 500 packs de vinilos tipo mampara con sinais e indicacións de seguridade contra o coronavirus polos establecementos comerciais e hostaleiros da cidade.
A concelleira de Promoción Económica e Turismo, Yoya Blanco, explica que a plataforma Reinicia Pontevedra completará esta campaña coa repartición de 4.000 guías que condensarán as medidas de hixiene e protección máis relevantes difundidas dende as administracións competentes. A edil socialista fai fincapé no feito de que, tal e como ven acontecendo con todas as iniciativas lanzadas no marco de #PonteLovers, "este material, que lles vai ser de moita utilidade aos responsables dos negocios para adaptarse á nova normalidade e que doutro xeito terían que adquirir por si mesmos, está a ser repartido gratuitamente".
Relacionadas:
-
4.000 guías de protección para o comercio e a hostalería grazas á plataforma #PonteLovers
Por Redacción |
-
#PonteLovers presta asesoría personalizada a 15 negocios pontevedreses de distintos sectores
Por Redacción |
-
"Os medios de comunicación non só foron vitais durante a crise, senón que o van seguir sendo"
Por Redacción |
-
Rafa Domínguez pregunta a Lores por que non participa nas accións do Concello para apoiar o comercio e a hostalería local
Por Redacción |
-
Comeza a repartición de 500 packs de vinilos de seguridade dentro da campaña Pontelovers
Por Redacción |
-
A primeira mampara de vidro de #PonteLovers instálase en El Cafetín
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Os comerciantes achegan as súas propostas ao Concello
Por Oskar Viéitez |