O grupo provincial do Partido Popular arremete contra Carmela Silva polo caso dos bolseiros
Por Redacción
O grupo provincial do Partido Popular reclama a Carmela Silva, presidenta da Deputación, que "deixe de esconderse no caso dos bolseiros e ofreza explicacións públicas", tras a sentenza do xulgado do social número 4 de Pontevedra que atendía a demanda da Tesourería Xeral da Seguridade Social e obrigaba á Deputación a converter en persoal laboral a 38 bolseiros.
Os populares consideran que a sentenza saca á luz un "escándalo maiúsculo" e ofrece un "importante revés" para o Goberno provincial, representado polo Partido Socialista e polo BNG.
Pepa Pardo, portavoz popular, afirma que a presidenta provincial debe ofrecer moitas explicacións sobre a súa xestión e denuncia o escurantismo, falta de transparencia e mentiras que envolveron este proceso. "Está no ADN desta presidenta, cando algo non lle gusta non fala, mente e, o peor de todo, é capaz de poñer a administración ao servizo dos intereses do PSOE".
Desde as filas populares aseguran que se negou o acceso ao PP á acta sobre o proceso dos bolseiros alegando confidencialidade. Pepa Pardo acusa a Carmela Silva de "mentir descaradamente" ante os medios ao sinalar que as acusacións que se facían sobre a situación dos bolseiros eran mentira e absolutamente falsas.
Os populares lembra que están afectados bolseiros que realizaban servizos no propio Pazo da Deputación de Pontevedra e en departamentos da Leira de Mouriscade ou no Plan Revitaliza.
Sinalan neste punto que a situación dos "mestres composteiros", segundo a sentenza, supón o caso máis potente no que queda demostrado que se trata dunha relación laboral, tanto polo soldo, de case 1.400 euros, moi por encima do que reciben o resto de bolseiros, como porque todas as persoas que compoñían o departamento no momento da inspección laboral, case o 60%, eran bolseiros.
Relacionadas:
-
O PP reclama explicacións no pleno de Carmela Silva sobre a sentenza dos bolseiros da Deputación
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación esixe ao PP que pida perdón tras a sentenza que ratifica a relación laboral de 38 bolseiros coa administración provincial
Por Oskar Viéitez |
-
Lanzan unha aplicación para consultar en tempo real os resultados das análises da Finca Mouriscade
Por Redacción |
-
A Deputación recorrerá a sentenza que recoñece como empregados a 38 ex bolseiros
Por Oskar Viéitez |
-
Un xulgado de Pontevedra converte a 38 ex bolseiros da Deputación en persoal laboral
Por Alejandro Espiño |