A recollida de residuos voluminosos aumentou en Poio durante o confinamento
Por Redacción
O servizo de limpeza e recollida de residuos voluminosos do Concello de Poio incrementou a súa actividade habitual durante o estado de alarma. Durante o primeiro cuadrimestre de 2020 rexistráronse un total de 363 chamadas. Máis da metade, efectuadas por veciños de Poio entre marzo e abril, en pleno confinamento.
O de abril foi o mes de maior actividade con 97 actuacións, dúas máis que en marzo. Previamente, entre xaneiro e febreiro recibíronse 171 solicitudes por parte de usuarios e usuarias. De todas estas chamadas, 285 foron realizadas para solicitar a retirada a domicilio de residuos voluminosos, como por exemplo colchóns, mobiliario ou electrodomésticos de gran tamaño.
Esta prestación tamén contempla outras opcións, como as solicitudes de contedores para poda, cun total de 30. Pero o confinamento si que afectou a este servizo, pois olo recibísense catro chamadas en marzo e outras tantas en abril.
Ademais, no que vai de ano atendéronse 38 avisos, que facían referencia a incidentes detectadas pola cidadanía, como poden ser avarías nos contedores ou o aviso da localización dun verquido ilegal, así como outras dez chamadas solicitando información.
A tenente de alcalde, Chelo Besada, responsable do departamento de Obras e Servizos Municipais, valora de maneira positiva estes datos. “O feito de que durante o estado de alarma aumentase a demanda deste servizo fala moi ben da concienciación da veciñanza no que ao tratamento de residuos refírese”, sinala a concelleira socialista.
Relacionadas:
-
Poio promove o servizo de recollida de residuos voluminosos
Por Oskar Viéitez |
-
Sanidade responde ao alcalde de Poio ante a polémica polos cambios de consultorio
Por Redacción |
-
O Concello impulsa o programa 'Poio Confía' para apoiar o tecido empresarial do municipio
Por Redacción |
-
Poio estuda como demoler unha estrutura abandonada que se usa para o trapicheo de droga no Vao
Por Redacción |
-
Os accesos peonís en Combarro regúlanse para evitar aglomeracións
Por Redacción |