A praia fluvial de Ponte Caldelas terá chiringuito este verán
Por Redacción
A praia fluvial da Calzada, en Ponte Caldelas, terá quiosco este verán. O alcalde, Andrés Díaz, asinou este luns o contrato de licitación da concesión para a explotación deste negocio, que será para as tres próximas tempadas con opción dunha campaña de prórroga.
O inicio de actividade está previsto para o 1 de xuño en horario de 16 a 23 luns a venres, mentres que os festivos e fins de semana poderá facelo entre as 12 ás 24 horas. O 30 de setembro debe pechar as súas portas.
O quiosco está situado na contorna da Praia Fluvial da Calzada e dispón de zona de barra, terraza, almacén e aseos, compartidos estes últimos coa praia.
A concesión saíu a licitación no mes de xaneiro e adxudicouse á empresa que ofreceu a oferta máis vantaxosa, explican desde o Concello.