O PP de Pontevedra pide reforzos para o Rexistro e o Padrón para evitar o seu "colapso"
Por Redacción
O grupo Municipal do Partido Popular de Pontevedra rexistrou este martes un escrito no Concello no que solicita o reforzo de medios e persoal do Rexistro Municipal e do Padrón para evitar "o colapso" que están a padecer durante esta semana ambos os servizos.
"A falta de previsión por parte da Administración local e a inexistencia de información ao cidadán está a provocar a saturación destas dependencias”, critica a concelleira popular Pepa Pardo.
"O persoal do Concello está desbordado”, denuncia Pardo, quen censura tamén que os cidadáns teñan que facer cola no exterior sen ningún tipo de información. "Cónstanos que varias persoas levan varios días tentando contactar co Servizo de Padrón a fin de solicitar unha cita, e tras decenas de chamadas, seguen sen obter resposta", engade a edila.
"Certificados e volantes de empadroamento son documentos esenciais na solicitude de axudas, prestacións, subvencións ou trámites de escolarización, entre outros, tan necesarios como imprescindibles nestes días", argumenta a popular, quen insiste en que se adopte con urxencias as medidas pertinentes para poñer fin ao "colapso" do Padrón e o Rexistro do Concello de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Rafa Domínguez contacta co tecido asociativo para agradecer o seu traballo durante a crise
Por Redacción |
-
O PP pide o reforzo dos servizos sociais en Pontevedra
Por Redacción |
-
O PP reitera a súa petición de cambio de nome do parque de Médico Ballina e que se lle dote de árbores
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Rafa Domínguez acusa o goberno de Fernández Lores de "dar as costas ao comercio local"
Por Redacción |
-
O PP critica que a "falta de implicación" do Concello "está a matar ao comercio local e aos autónomos"
Por Oskar Viéitez |