O PSOE quere coñecer o protocolo desta área sanitaria ante un rebrote da Covid-19
Por Oskar Viéitez
O portavoz de Sanidade do grupo socialista, Julio Torrado, vén de urxirlle á Xunta a que convoque o Consello de Saúde da área de Pontevedra e O Salnés para informar aos alcaldes da situación sanitaria, dos protocolos previstos ante posibles novos brotes da COVID-19 e da situación sanitaria xeral.
O responsable socialista sinala que "é o momento apropiado" para informar a través destes órganos, concibidos para informar aos representantes da cidadanía da situación e das decisións sanitarias, pero sen estrear dende a reforma da lei de saúde por parte de Feijóo hai dous anos.
Torrado alerta da importancia de activar os consellos de saúde de área en toda Galicia, pero "sinaladamente na zona Pontevedra Salnés", debido á importancia que pode ter esta zona como obxectivo turístico a nivel autonómico e nacional.
Esta mesma semana o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo reclamou "un plan único" fronte a un eventual rebrote da COVID-19 que poida ocasionar a xa anunciada reapertura de España ao turismo internacional a partir de xullo.
Feijóo asegurou que o Servizo Galego de Saúde xa "ten un plan de rebrote" do coronavirus.
Relacionadas:
-
Os socialistas de Pontevedra acusan a Feijoo de aproveitar a pandemia para precarizar o traballo dos sanitarios
Por Redacción |
-
Os socialistas esixen á Xunta un fondo de 300 millóns de euros para os concellos
Por Redacción |
-
900 máscaras de protección infantil serán repartidas entre o alumnado para o vindeiro curso
Por Redacción |
-
Galicia pide deixar o estado de alarma o 7 de xuño
Por Oskar Viéitez |
-
Os galegos, chamados de novo a votar o 12 de xullo nas eleccións aprazadas polo coronavirus
Por Natalia Puga | Creada e actualizada