Arden dúas hectáreas nun incendio forestal en Cuntis
Por Redacción
Pasadas as 23.05 horas deste martes, os servizos de emerxencias recibían aviso dun incendio forestal declarado no lugar de A Torre, na parroquia cuntiense de San Fiz de Estacas.
Ata o lugar desprazáronse medios técnicos e humanos do servizo de Emerxencias e Protección Civil de Cuntis, de Protección Civil de Portas e dúas brigada antiincendios da Consellería de Medio Rural, que despregaron ata 4 camións motobomba, 2 de medio rural, 1 do Concello de Cuntis e outro do de Portas.
A superficie calcinada polo lume foi de dúas hectáreas. As lapas afectaron principalmente a terreo de arborado e de matogueira.
A rápida intervención dos medios de extinción axilizou o control do lume e contivo a súa propagación. Os traballos prolongáronse ata a madrugada.