Cerdedo-Cotobade consegue xestionar por vez primeira máis de 10 millóns
Por Redacción
O Concello de Cerdedo-Cotobade vén de concluír a liquidación do Orzamento Municipal 2019 que reflectíu, por primeira vez na historia, unha cifra superior aos 10 millóns de euros tras aumentar a previsión de contas nun 143%, xa que estaba fixada en 4,11 millóns de euros e medrou en case 6 millóns máis.
Deste xeito, dase continuidade ao incremento da capacidade de xestión do Concello xa acadada no exercicio precedente, no que se pasou dos 5,11 millóns de euros do Orzamento aos 9,03 millóns do balance final.
"Segundo os servizos técnicos económicos, a liquidación chegou ata os 10.009.199 euros, polo que, dende o goberno local conseguimos xestionar case 6 millóns por riba do previsto, o que obviamente redunda moito nas infraestruturas, investimentos e servizos públicos que se lle ofrecen aos veciños", indicou o alcalde, Jorge Cubela, que destacou o traballo realizado para acadar recursos externos, subvencións e axudas.
Polo demais, o informe de liquidación 2019 tamén revela que as contas municipais de Cerdedo-Cotobade pecháronse cun remanente de 1.017.820 euros, cun axeitado cumprimento do período medio de pago a provedores, algo que Cubela calificou de importante para facilitar a liquidez das empresas, e do límite de débeda, que segue en cero.