Sanxenxo recolle 1.650 quilos de produtos para o Banco de Alimentos
Por Redacción
Os veciños de Sanxenxo volveron a dar unha lección de solidariedade nestes momentos de crise económica provocada polo Covid 19. A campaña de recollida en supermercados para o Banco de Alimentos Rías Baixas concluíu este mércores con 1.650 quilos de produtos de alimentación e de primeira necesidade que se distribuirán entre as familias que o necesiten.
O Banco de Alimentos solicitou o pasado mes de abril a axuda do Concello de Sanxenxo para realizar unha recollida nos distintos supermercados que quixesen colaborar coa iniciativa solidaria ao verse excedidos pola demanda de axuda.
En total, contabilizáronse seis recollidas en nove supermercados: los dos Froiz de Sanxenxo e o de Portonovo, Supercor, Diego Lores, Carrefour, Supermercado Lito en Aios, Supermercado Fontenla, Supermermercado C.B. e Día Vinquiño.
Das recollidas e traslados ao Banco de Alimentos encargáronse o concelleiro de Servizos Sociais, Daniel Arousa, e persoal do servizo de Emerxencias de Sanxenxo. Nestes momentos o Banco de Alimentos Rías Baixas está abastecido e a directiva da organización agradece a mostra solidaria dos veciños de Sanxenxo e os establecementos colaboradores.
Relacionadas:
-
Ceden un local municipal en Vilalonga para o Banco de Alimentos Rías Baixas
Por Redacción |
-
Recollidas e reparticións de alimentos excepcionais en seis meses tamén insólitos
Por Redacción |
-
E o aplauso das oito é para... o Banco de Alimentos que sostén a 700 persoas de Monte Porreiro
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Recollida solidaria a favor dos bancos de alimentos nos supermercados Gadis
Por Redacción |
-
Quince familias de Sanxenxo reciben as primeiras tarxetas de emerxencia
Por Redacción |