A vítima dun intento de asasinato machista: "Temí por mi vida, la de mi hija y la de mi prima"
Por Natalia Puga
"Yo temí por mi vida, por la vida de mi hija y por la vida de mi prima". Así de contundente mostrouse este xoves unha muller que en febreiro de 2019 foi presuntamente vítima dun delito de asasinato en grao de tentativa por parte da súa entón parella, o veciño de Cangas Juan Carlos G.N.
A muller declarou por videoconferencia no xuízo celebrado na sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra contra a súa ex parella. Mentres el sostivo a súa inocencia, ela reafirmouse en que o 8 de febreiro do ano pasado el tentouna matar cravándolle un obxecto que non logrou distinguir primeiro no pescozo e logo no costado.
O xuízo celebrouse na Audiencia con fortes medidas de seguridade e hixiene para evitar os contaxios por coronavirus. Tanto os membros do tribunal como o acusado, os policías que o custodiaban, os xornalistas e o público levaron obrigatoriamente máscara.
O acusado, que permanece en prisión provisional desde o día seguinte aos feitos, non só negou cravarlle unha arma branca á súa parella, senón que mesmo asegurou que foi ela a que tento atacalo a el. ""Yo tengo mi versión y lo que dicen no se corresponden con lo que sucedió", asegurou, en relación coa versión dos feitos que manteñen tanto a acusación particular como a Fiscalía, que pide que sexa condenado a 14 anos de prisión como autor dun delito de intento de asasinato. Tras a celebración do xuízo, a representante de misterio público mantivo esa acusación (consulta aquí o seu relato de feitos).
Segundo a versión de Juan Carlos, esa mañá recriminoulle que estivese co can na cama e logo el marchou á casa da súa nai e realizou alí varias reparacións mentres ela non deixaba de chamarlle. "La señora esa empezó a llamarme, tres o cuatro veces", sostivo, con certo desprezo cara a quen foi a súa parella.
O incidente produciuse cando regresou á casa e, segundo el, foi ducharse e ela seguiulle á habitación e ela mesmo pechou a porta. Cando empezaron a discutir, "se encendió, se puso como una fiera, cogió un cúter y se vino hacia mí". Asegura que el "para nada fui a por ella", senón que ela primeiro cortouse na cara cando el suxeitoulle as mans e logo, no forcexeo, caeu coas mans nas costas e fíxose outra ferida.
O home sostivo que "ella no estaba bien, había bebido, no tenía reflejos" e, tras a caída, empezou a ver sangue e, cando se dispoñía a pedir axuda, a curmá dela empezou a gritar e el foise.
Na súa declaración sostivo que tiñan unha relación desde 7 meses atrás e que fora boa ao principio, pero empeorou cando a curmá da súa parella viaxou desde Venezuela e instalouse en casa con eles "sin mi consentimiento". A partir de aí, "salían de vinos y venía agresiva".
Esa curmá estaba na vivenda cando ocorreron os feitos e este xoves declarou tras un biombo no xuízo. Asegurou que a relación da parella ao principio era "cordial", pero logo volveuse "diferente", todo, ao seu xuízo, "por celos porque decía que ella había cambiado".
Esta muller mantivo que o home chegou a casa "cabreado", a súa curmá foi tras el á habitación e empezaron unha discusión. Ao principio ela non actuou, pero, de súpeto, escoitou "ay" e "auxilio", de modo que se dirixiu coa filla da súa curmá á porta da habitación. Atopárona pechada e tiveron que empuxala para abrir. Cando xa puideron entrar, "ella estaba tirada en el suelo" e el tiña algo na man que non conseguiu distinguir. En canto a viu, díxolle, segundo lembra, "¿Quieres que te dé también?", de modo que ela foise coa nena para buscar axuda e algo para defenderse e, cando regresou el xa se fora e chamou a Emerxencias.
Tras os feitos, o home fuxiu e foi localizado horas despois cando se dirixía a Xinzo de Lima. Uno dos gardas civís que lle detivo asegurou que o home non tivo "ningún tipo de reacción, se quedó paralizado". Pareceulle que non era unha "reacción normal" porque estaba "un poco ido".
Os investigadores da Garda Civil declararon na sala que non se localizou a arma utilizada, aínda que si se sabe que é unha arma branca polas feridas da vítima. A muller tampouco chegou a ver a arma, pero si relata como foron os feitos. Entrou na habitación tras el e ela non pechou a porta. El cortoulle primeiro o pescozo e "cuando traté de huir hacia la puerta, me cortó el costado". Ela gritou "de dolor" e non ten moi claro que pasou despois porque ten "lapsus" nos que quedou "semiinconsciente".
Segundo o seu relato, a relación empeorara nos últimos tempos porque el tiña "celos de mi prima, de mi hija, de todo", pero "en absoluto" imaxinouse que lle atacase desta forma. Causoulle lesións polas que "está siendo difícil recuperar un estado de salud óptimo".
Relacionadas:
-
O TSXG confirma 12 anos e medio de cárcere para o acusado de tentar asasinar á súa parella cunha arma branca en Cangas
Por Redacción |
-
Doce anos e medio de cárcere para un home que tentou asasinar á súa parella cunha arma branca
Por Natalia Puga |
-
Piden 14 anos de cárcere para un home que intentou matar á súa parella a coiteladas
Por Redacción |