Adxudicadas as obras para crear o novo sendeiro peonil entre Alba e San Caetano polo Camiño Portugués
Por Redacción
A empresa Oresa S.L. será a encargada de levar a cabo os traballos de construción do novo sendeiro peonil entre San Caetano e Alba, no municipio de Pontevedra. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade adxudicaba este venres as obras por unha cifra que se sitúan en 478.385 euros.
Prevese que as obras se inicien a finais do mes de xullo e o obxectivo é que finalicen ao longo deste 2020. A actuación centrarase en crear un itinerario de 600 metros nas dúas marxes da estrada autonómica PO-225, no tramo que une os puntos de Alba e San Caetano. Crearanse accesos ás empresas que se atopan situadas na zona.
Este itinerario coincide co trazado do Camiño de Santiago Portugués e a intención desde a Xunta de Galicia é que toda esta contorna se revalorice. Para executar a obra rectificarase a curva entre os puntos quilométricos 0+860 e 0-940 e tamén se reordenará unha intersección para favorecer a seguridade peonil e circulatoria na zona.
Estes traballos encádranse no Plan de Sendas de Galicia na comarca de Pontevedra e contan con cofinanciamento dos Fondos FEDER 2014/2020.
Ademais, este venres tamén se publicaba no Boletín Oficial da Provincia a convocatoria aos propietarios dos terreos que ven afectados pola execución destas obras para o pago dos depósitos previos e a formalización das actas de ocupación.
As persoas convocadas terán que acudir o 15 de xullo ao Pazo da Cultura de Pontevedra, en horario entre as 10.00 e as 13.45 horas. Estes actos realizaranse sempre de acordo con medidas preventivas para evitar contaxios a través do protocolo de seguridade aprobado polo Consello de la Xunta o 8 de maio.
Relacionadas:
-
Avanzan as obras de construción da senda peonil entre Alba e San Caetano
Por Redacción |
-
As obras da nova senda de Alba a San Caetano obrigan a pechar a estrada PO-225 a partir do mércores 12
Por Redacción |
-
Inician os traballos de construción da senda peonil na PO-225 entre Alba e San Caetano
Por Redacción |
-
Así quedará a senda peonil entre Alba e San Caetano para a súa estrea no Xacobeo 2021
Por Redacción |
-
A Xunta somete a información pública o proxecto da senda peonil entre Alba e San Caetano
Por Redacción |
-
Ultiman o proxecto para mellorar a seguridade dos peregrinos na estrada de Alba
Por Redacción |