Os pacientes hospitalizados serán examinados de xeito telemático polos xulgados
Por Redacción
Os xulgados de Pontevedra poderán, a partir de agora, comunicarse de maneira telemática co Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHUP) para examinar o estado de pacientes ingresados nos seus hospitais e recoñecer as súas posibles incapacidades.
Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, esta comunicación será a través do programa Cisco, unha canle segura en que poderán participar, sen ter que desprazarse ao hospital, todas as persoas que interveñan nestas dilixencias.
O xulgado de primeira instancia número 5, que é o que ten competencia exclusiva na práctica da ratificación xudicial dos internamentos non voluntarios no CHUP, declarada como dilixencia esencial durante o estado de alarma, xa comezou a realizar con éxito de forma telemática as exploracións dos internados no servizo de Psiquiatría.
A xuíza decana de Pontevedra, María Belén Rubido de la Torre, acordou, para facilitar estas comunicacións telemáticas, a creación dunha sala virtual con contrasinal, onde a maxistrada de Familia preside a reunión.
Nela participan, a través dunha conexión en remoto, a médica forense, a letrada da Administración de Xustiza e o facultativo do servizo de psiquiatría do CHOP, que accede desde un computador facilitado pola dirección asistencial do hospital.
O decanato de Pontevedra propoñerá ademais que, para favorecer a práctica destas dilixencias e reducir os riscos que supón a entrada física da comisión xudicial nun centro hospitalario ou nunha residencia de anciáns, que este sistema de videoconferencia esténdase tamén ás exploracións nos centros de maiores.
A autoridade xudicial, segundo consta no acordo, será a que fixe en que casos utilizarase este sistema telemático, mentres que a sanitaria deberá facilitar este mecanismo de comunicación se se considera adecuado para a práctica das dilixencias xudiciais.
Relacionadas:
-
Critican que non se reubique a funcionarios xudiciais noutras sedes pese a haber espazos dispoñibles
Por Redacción |
-
Os xuíces de Pontevedra realizaron 435 deliberacións telemáticas durante o estado de alarma
Por Redacción |
-
Comeza a destrución de máis de 270.000 expedientes de xulgados de Pontevedra
Por Redacción |