Un café co alcalde para celebrar os 100 anos de Araceli
Por Redacción
Araceli Vizcaíno Corbal é unha muller que se uniu ao selecto club de pontevedreses que teñen, polo menos, cen anos. Fíxoo en pleno confinamento pero, unha vez que comezou a desescalada, quixo cumprir cunha promesa.
Aínda que o Concello, como é tradición -salvo que se rexeite por parte dos interesados-, enviou a Araceli un ramo de flores o día que cumpriu as súas 100 primaveras, ela insistiu en tomar un café co alcalde cando finalizase a corentena e reabrisen os bares.
A cita, con todas as medidas de seguridade que recomendan as autoridades sanitarias, celebrouse este venres na terraza do Dulce de Leche, na rúa Raíña Vitoria, un establecemento situado nas inmediacións da vivenda da cumpleañera.
Ambos mantiveron unha amena conversación durante a cal o alcalde se interesou polo estado de saúde de Araceli que, como puido comprobar, é bastante bo.
Antes de despedirse, quedou un envite encima da mesa. Repetir esta cita cafeteira o próximo ano e, se todo vai ben, xa sen tantas restricións.
Relacionadas:
-
Araceli Vizcaíno visita a Alcaldía para celebrar os seus 101 anos
Por Redacción |
-
Francisca Olga Macías celebra o seu centenario na residencia de maiores de Campolongo
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Lulú Vázquez cumpre 110 anos e a Policía acode a felicitala
Por Diego Torrado & Oskar Viéitez |
-
A "bisa" cumpre 100 anos
Por Oskar Viéitez |
-
Un día de centenaria en centenaria
Por Redacción |
-
Os 104 anos cheos de vitalidade de Asunción Solís
Por Redacción |