Benestar social envía fichas aos domicilios dos usuarios do programa "Saudemente"
Por Redacción
A Concellería de Benestar Social, que dirixe a concelleira socialista Rosa Fernández, procedeu a realizar unha segunda entrega a domicilio dun paquete de exercicios e actividades para que sexan realizados polas persoas maiores que forman parte do programa " Saudemente ".
Esta nova remesa, que as persoas interesadas reciben de maneira gratuíta, inclúe a repartición de máis de 100 sobres, que foi efectuado por membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Poio en todas as parroquias do municipio.
PENSIÓNS NON CONTRIBUTIVAS
A Concellería de Benestar Social informa que volven reactivarse os prazos para presentar as solicitudes para a obtención de Pensións Non Contributivas. Esta tramitación poderase levar a cabo nas dependencias da Casa Rosada. Iso si, o departamento de Servizos Sociais informa de que será preciso chamar antes para solicitar cita previa, ao número de teléfono 986872401. O horario de atención ao público será de 9.00 a 14.00 horas.
Relacionadas:
-
Poio actualiza o rexistro de asociacións e entidades locais
Por Redacción |
-
As residencias de maiores e centros de persoas con discapacidade reactívanse con cautela
Por Redacción |
-
A Concellería de Benestar Social de Poio insta aos maiores a realizar exercicios caseiros durante o confinamento
Por Redacción |