Quirónsalud Miguel Domínguez e o Instituto de Neurorrehabilitación, certificados co Protocolo Seguro Covid-19
Por Redacción
O Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez e o Instituto de Neurorrehabilitación, foron certificados por Applus+ co Protocolo Seguro Covid-19.
Esta acreditación recoñéceos como espazos protexidos fronte ao coronavirus, tanto para os pacientes como para os profesionais, despois de comprobar que ambos os centros aplicaron medidas de prevención e control para reducir ao máximo o risco de contaxio con medidas hixiénicas, de limpeza e desinfección de espazos e equipamentos.
Tamén adoptaron medidas de reorganización de profesionais e áreas asistenciais que garanten as distancias de seguridade e reducen os tempos de espera, segundo as recomendacións do Ministerio de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde.
Todos os traballadores e profesionais asociados sometéronse ás probas para a detección de COVID-19, co obxectivo de preservar a súa seguridade e a dos pacientes.
Reactivación da actividade
O Hospital renovou a súa actividade dentro do proceso de normalización autorizado por Sanidade, reactivando as operacións programadas, as consultas con especialistas, probas diagnósticas e procesos de rehabilitación.
Pola súa banda, a actividade cirúrxica restableceuse de maneira gradual, retomando as intervencións que tiveron que aprazarse polo decreto do estado de alarma do pasado mes de marzo.
En canto ao Instituto de Neurorrehabilitación, especializado na recuperación do Dano Cerebral Adquirido atópase ao 100% da súa ocupación, e xa retomou a actividade ambulatoria e de consultas, xa que os tratamentos con internamento non foron interrompidos en ningún momento.
Relacionadas:
-
Recibe a alta o único paciente hospitalizado por Covid-19 na área sanitaria, con 36 casos activos
Por Diego Espiño |
-
142 traballadores da área sanitaria infectáronse pola COVID-19
Por Oskar Viéitez |
-
Quirónsalud Miguel Domínguez retoma a actividade cirúrxica programada, as consultas, a fisioterapia e as probas diagnósticas
Por María José Pita |