O aforo dos locais de hostalería e restauración increméntase ata o 50% a partir deste luns
Por Oskar Viéitez
O Centro de Coordinación Operativa (Cecop) acordou na súa xuntanza de deste sábado incrementar o aforo dos locais de hostalaría e restauración ata o 50% a partir do próximo luns 1 de xuño. O acordo chega despois de que nas instrucións publicadas no Boletín Oficial do Estado (BOE) para os territorios na fase 2 da desescalada, o Goberno central autorizase ás distintas Comunidades a modificar o aforo máximo no interior destes establecementos, ben reducíndoo ao 30% ou ben incrementándoo ata o 50%.
Así se acordou na reunión presidida polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e que contou con representación da Delegación de Goberno e da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), onde se indicou que na toma desta decisión o Goberno galego tivo en conta opinión de representantes do sector turístico, con quen xa acordou esta medida o pasado martes, así como a evolución dos datos epidemiolóxicos da Comunidade.
Os locais deben manter as medidas de seguridade establecidas polo Ministerio de Sanidad.
Neste sentido, a Xunta, a través do Plan de Reactivación do sector turístico, reservou un total de 5 millóns de euros no marco do programa "Galicia destino seguro" para favorecer a adecuación hixiénico-sanitaria dos establecementos hostaleiros, garantindo a seguridade de traballadores e usuarios.
Alfonso Rueda indicou que "apróbase esta ampliación do aforo ata o 50% dos locais de hostalería en toda Galicia cunha especial chamada de atención á responsabilidade aos usuarios da hostalería e o sentidiño que se reclama sempre dende a Xunta de Galicia para poder seguir progresando durante esta pandemia, seguir pasando de fase e pouco a pouco ir recuperando a nosa vida normal".
TEST SEROLÓXICOS
Na reunión, tamén se deu traslado á Fegamp da proposta do Goberno galego de facer test serolóxicos de dobre banda a todo o persoal da Policía Local galega. Esta medida estendese tamén aos axentes da Policía Nacional e da Garda Civil, tal e como xa indicou o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda esta semana. No caso de que nestes test se detecten casos positivos, procederase a facer unha proba PCR.
Relacionadas:
-
Varias denuncias a un bar de Sanxenxo por incumprir o estado de alarma e a lei de seguridade cidadá
Por Natalia Puga |
-
O lecer nocturno pontevedrés, ao bordo do KO
Por Manu Otero |
-
A 'nova normalidade' chega ás prazas de abastos
Por Redacción |
-
Ansiada estrea da Fase 2 da desescalada
Por Oskar Viéitez |