Dos 732 casos activos por coronavirus en Galicia só 28 son de Pontevedra
Por Oskar Viéitez
Este domingo baixa en 17 persoas o número de casos activos de coronavirus en Galicia respecto ao sábado.
Segundo os últimos datos oficiais, a área sanitaria de Pontevedra e O Salnés conta con 28 casos activos de Covid-19, un menos que onte. Todos eles evolucionan nos seus respectivos domicilios sen necesidade de recibir atención hospitalaria.
A cifra de falecementos rexistrada nos centros hospitalarios de Pontevedra e O Salnés mantense sen cambios, sendo 16 as vítimas mortais que se cobrou o coronavirus na área sanitaria, o que supón a menor taxa de mortalidade en toda a comunidade galega.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 732.
Aos 28 casos da área sanitaria de Pontvedra hai que sumar os 167 da área da Coruña, 41 da de Lugo, 75 da de Ourense, 266 da área de Vigo, 135 da de Santiago, e 20 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 4 permanecen en UCI, 33 están en unidades de hospitalización e 695 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.958 persoas curadas, rexistrándose 616 falecementos dos que 132 morreron en residencias e 141 en hospitais e residencias integradas.
O número de PCR realizadas é de 142.755.
O número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia supoñen o 0,1% do total das persoas residentes.
Relacionadas:
-
Os casos activos de coronavirus descenden ata os 25 na área sanitaria pontevedresa
Por Diego Espiño |
-
Terceira xornada consecutiva con 28 casos activos de coronavirus na área sanitaria
Por Diego Espiño |
-
Sen cambios no balance diario do Covid-19 en Pontevedra e O Salnés, con 28 casos activos
Por Diego Espiño |
-
Sen hospitalizados na área de Pontevedra, 29 casos activos por coronavirus evolucionan nos seus domicilios
Por Oskar Viéitez |
-
Baixa ata os 30 o número de casos activos de coronavirus na área sanitaria
Por Diego Espiño |