A Xunta habilita un teléfono gratuíto para resolver dúbidas do sector turístico sobre seguridade sanitaria
Por Redacción
A Xunta habilitará desde este luns un teléfono gratuíto para resolver as dúbidas do sector turístico en materia de seguridade sanitaria.
Así, as empresas e profesionais que o necesiten poderán chamar ao 900 815 334 de luns a venres, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas ou enviar un correo electrónico ao enderezo info-galiciadestinoseguro@xunta.gal
Este teléfono gratuíto permitirá dar unha resposta áxil e precisa ás cuestións formuladas polas empresas e traballadores do sector en materia hixiénico-sanitaria, tal e como informou a Xunta.
O servizo porase en marcha o mesmo día en que os locais de hostalaría e restauración poderán incrementar o seu aforo ata o 50%, despois de que o Goberno central habilitase ás Comunidades na fase 2 da desescalada a modificar o aforo máximo no interior destes establecementos, fixado inicialmente no 40%, ben reducíndoo ao 30% ou ben incrementándoo ata o 50%.
Así mesmo, o servizo está enmarcado no programa 'Galicia Destino Seguro' para a mellora da formación, asesoramento e apoio económico ás empresas desta industria co obxectivo de favorecer a súa adaptación á nova realidade e impulsar Galicia como un destino fiable e de calidade.
Precisamente, o último Consello da Xunta aprobou unha batería de axudas por case 6 millóns de euros para que pemes e autónomos do eido turístico poidan instalar medidas de protección e adecuarse á situación actual.
Ademais, para mellorar a competencia das empresas en materia de seguridade sanitaria, botou a andar un plan de formación impartido polo Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG) e as entidades sectoriais e provinciais cunha oferta inicial de 50.000 prazas en 500 accións formativas de carácter xeral adaptadas ás particularidades de cada subsector e área xeográfica.
Estas iniciativas forman parte do Plan de reactivación do sector turístico, que conta cunha dotación global de 27 millóns de euros e preto de medio cento de medidas para minimizar o impacto da crise sanitaria e favorecer a súa reactivación.
Relacionadas:
-
Rueda incide na importancia das medidas do plan "Galicia, destino seguro"
Por Redacción |
-
Un curso en Raxó analizará a volta á actividade do sector turístico
Por Redacción |
-
"Os valores do Camiño Xacobeo reforzáronse, facelo vai ser moi terapéutico"
Por Marisa Ciordia |
-
Varias denuncias a un bar de Sanxenxo por incumprir o estado de alarma e a lei de seguridade cidadá
Por Natalia Puga |
-
Axudan ás familias para que os menores da casa fagan un uso seguro de internet
Por Oskar Viéitez |
-
Este luns comeza a segunda fase de reincorporación do persoal da Xunta ao traballo presencial
Por Oskar Viéitez |
-
A Xunta invita os furancheiros a solicitar nos Concellos a apertura dos seus establecementos ata o 31 de xullo
Por Redacción |
-
Os socialistas de Pontevedra acusan a Feijoo de aproveitar a pandemia para precarizar o traballo dos sanitarios
Por Redacción |