Pedaladas retoma a súa actividade reivindicativa na rúa
Por Oskar Viéitez
O mércores 3 é o día mundial da bicicleta e ConBici, Coordinadora en defensa da bicicleta, está a promover actos para visibilizar este vehículo como ferramenta de mobilidade. En Pontevedra, ás 20:30 horas na Praza da Peregrina a asociación Pedaladas retoma a súa actividade reivindicativa na rúa. Será cun grupo de ata 15 persoas, o autorizado na Fase 2 da desescalada.
Dende este colectivo informan que nesta ocasión tamén poden participar aqueles cidadáns que así o desexen para pasear pola cidade cos socios de Pedaladas, pero, tendo en conta que se superan as 15 persoas terán que dividirse en "grupos autoorganizados" xa que "non estamos a convocar ningunha manifestación ou acto multitudinario por responsabilidade, senón unha saída en bici coas condicións recollidas nos supostos da Fase 2".
Vai ser un paseo urbano dun 8 quilómetros adaptados para calquera condición física pero esta vez mantendo os dous metros obrigatorios de distanciamento.
Con esta saída Pedaladas queren recordar, que "a pesar da Covid19 o maior reto ao que se enfronta o planeta é o cambio climático propiciado polo queima de combustibles fósiles e a acumulación de CO2 na atmosfera".
"Ata un 41% de todas as emisións de CO2 proveñen do transporte, e como se pode ver nestes primeiros días da fase 2 a redución de tráfico xa está a desaparecer, a nova normalidade debería traer unha reflexión sobre a nosa forma de vivir e sobre o modo nos que nos desprazamos. Esta pandemia demostrou que precisamos espazo público e unha mobilidade máis amable que permita desprazarse a pé en bicicleta", apuntan dende Pedaladas.
Relacionadas:
-
Animan ás cidades a introducir "cambios" para "mellorar as condicións" da mobilidade en bicicleta
Por Redacción |
-
Pontevedra proporá unir a senda Vilagarcía-Portas coa futura vía verde ata Arcade
Por Redacción |
-
A bicicleta terá prioridade ao concluír o confinamento
Por Oskar Viéitez |
-
Pedaladas recorda que a bicicleta "non se prohibiu" e que é válida para os desprazamentos autorizados
Por Redacción |
-
Pontevedra prevé que a nova ordenanza de mobilidade estea en vigor en xuño
Por Alejandro Espiño |