O gastromercado terá terraza ao aire libre na rúa Serra

Por Alejandro Espiño
Para compensar a perda de aforo que sufriu o gastromercado polas restricións sanitarias impostas polo coronavirus, o Concello de Pontevedra autorizou a instalación de veladores para os establecementos gastronómicos da praza de abastos.
Así o anunciou este luns a edil Eva Vilaverde, responsable da ocupación de espazos públicos. O obxectivo é que a redución de aforo no interior do mercado véxase aliviada cos asentos que poderán ter nas terrazas ao aire libre.
A toda a hostalería, sinalou a concelleira, estáselle autorizando ampliar o espazo reservado para as súas respectivas terrazas e entendían que os hostaleiros do gastromercado debían ter as mesmas oportunidades para "compensar" a súa redución de ingresos.
Os técnicos municipais están a estudar agora a mellor fórmula para colocar estas terrazas na vía pública. De momento, sinalou Vilaverde, aínda se descoñece o número de veladores que se poñerán ou de que forma estarán colocados na rúa Serra.
O Concello espera que esta medida contribúa tamén a "dinamizar" o mercado.
Relacionadas:
-
Intervención policial por dous incidentes entre hostaleiros do 'gastromercado'
Por Natalia Puga |
-
Os postos vacantes do gastromercado sairán a concurso antes de final de ano
Por Alejandro Espiño |
-
O Mercado estrea un novo dispositivo para controlar o aforo en tempo real
Por Redacción |
-
RADIO.- Peixes, carnes, froitas e verduras do Mercado de Abastos a un click e con entrega a domicilio en transportes sostibles
Por Redacción |
-
Así reabriu o mercado de antigüidades da rúa Serra
Por Redacción |
-
As antigüidades regresarán á rúa Serra o próximo domingo
Por Redacción |
-
O espazo gastronómico do Mercado sae da hibernación
Por Redacción |
-
Ampliación do horario de peche de veladores durante o verán
Por Redacción |
-
Reordenan as terrazas da hostalería no ámbito de Virxe do Camiño e o Teatro Principal
Por Redacción |
-
O gastromercado reabre con aforo restrinxido, seis postos abertos e un único acceso
Por Redacción |
-
Haberá campañas de dinamización cando se poida retomar a actividade no gastromercado
Por Alejandro Espiño |
-
O 'gastromercado' marca tendencia: "Superamos as expectativas", din os hostaleiros
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |