Sanxenxo contrata a renovación das máquinas do ximnasio municipal
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo renovará toda a maquinaria do ximnasio da piscina municipal. O organismo autónomo Terra de Sanxenxo acabar de sacar a licitacion o aluguer das máquinas e elementos deportivos da instalación por 136.000 euros para un prazo de catro anos.
O peche das instalacións pola pandemia do coronavirus está a ser aproveitado para poñer a punto o ximnasio e a piscina. No contrato de subministración figuran varios tipo de máquinas. Para exercicio cardiovascular serán necesarias 6 cintas de correr, 4 bicicletas verticais, tres bicicletas horizontais con respaldo, 7 bicicletas de ciclo indoor, 2 bicicletas heat, 3 elípticas, 1 elíptica de paso variable e 1 remoergómetro.
Mentres, para musculación demandan 17 aparellos nos que se poderán exercitar as extremidades superiores e inferiores. O ximnasio contará tamén con novos bancos olímpico e doutros tipos, de discos de distintos peso, barras, mancuernas e agarres,
O complexo deportivo da piscina municipal é a instalación máis importante dentro da oferta deportiva do Concello ao que asiste unha gran afluencia de usuarios de diferentes idades.
O prazo para a subministración das máquinas será de trinta días naturais a contar desde o día seguinte do contrato e o aluguer será por 48 meses.
Relacionadas:
-
Sanxenxo aproveita o peche do ximnasio e a piscina pola covid-19 para facer unha renovación profunda
Por Redacción |
-
Sanxenxo denuncia un intento de robo na piscina municipal
Por Redacción |
-
Prueban en Silgar un sistema de intelixencia artificial para controlar o aforo nas praias
Por Redacción |
-
Sanxenxo non reabrirá a súa piscina municipal ata setembro
Por Redacción |