Cambian de emprazamento tres colexios electorais de Poio para adaptarse ás medidas impostas pola Xunta
Por Redacción
Haberá cambios nos colexios electorais de Poio. Así o estableceu a Xunta de Voceiros que se celebraba este luns, vía telemática, no Concello. Para as eleccións do 12 de xullo, xornada das eleccións autonómicas, a Xunta de Galicia estableceu unhas normas e requisitos dentro dun protocolo de seguridade que permita o distanciamento entre os electores.
Por este motivo, os representantes dos catro grupos da corporación de Poio aprobaron que o colexio electoral da Escola do Campo en Combarro pase ao CEIP Chancelas. Outro cambio será en Samieira, alí o colexio da antiga Escola Unitaria de Tarrío pasará á Casa do Pobo.
E en San Salvador, en lugar do colexio electoral de Portosanto estúdanse dúas opcións. Unha sería a de utilizar as instalacións da Escola Infantil da Galiña Azul, solicitada ao xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Se esta opción non fose factible, as urnas instalaríanse no edificio do Casal de Ferreirós, onde se atopan as oficinas de turismo.
O resto de colexios electorais non sufrirá modificacións. Luciano Sobral, alcalde de Poio, explicou que os servizos municipais estudan os axustes que haberá que aplicar en cada un dos centros para garantir a seguridade de todas as persoas asistentes durante esa xornada.
Relacionadas:
-
Dez operarios reforzarán as tarefas de limpeza e desinfección nos colexios electorais o 12 de xullo
Por Redacción |
-
Bueu instalará dezaseis mesas electorais para os comicios do 12 de xullo
Por Redacción |
-
Voto por correo e sen saír de casa, a novidade para as eleccións do 12 de xullo
Por María José Pita |
-
A metade dos colexios electorais de Pontevedra non reúnen as condicións de seguridade
Por Alejandro Espiño |
-
Así votaremos o próximo 12 de xullo
Por Redacción |