Un neno de dez anos, atropelado cando cruzaba un paso de peóns en Marín
Por Natalia Puga
Un neno de 10 anos tivo que ser trasladado ao Hospital Provincial de Pontevedra na serán deste luns tras sufrir un atropelo cando cruzaba un paso de peóns en Marín.
Segundo informou a Policía Local de Marín, o atropelo produciuse ás 19.55 horas deste luns no paso de peóns sinalizado que comunica a marquesiña de autobús situada á beira do porto e as escaleiras de Alameda de Marín.
O neno sufriu diversas contusións e tivo que ser trasladado ao Hospital Provincial por unha ambulancia do 061. Dúas horas máis tarde, ás 22.00 horas, recibiu o alta.
A Policía Local aínda está a elaborar o atestado sobre o ocorrido, no que xa tomaron declaración ao condutor. Relatou que o neno cruzou rápido o paso de peóns e non lle deu tempo a frear.
Os axentes constataron que o neno cruzou por un paso de peóns sinalizado e comprobaron tamén que o condutor do vehículo deu negativo en todas as probas de consumo de substancias prohibidas ao volante.
MULLER DE 70 ANOS ATROPELADA
Na mañá deste martes a Policía Local de Marín tamén acudiu a un atropelo rexistrado ás 8.30 horas á altura do número 73 da rúa Jaime Janer. Nesta ocasión, un ciclomotor arroiou unha muller de 70 anos e resultaron feridos tanto o condutor como a viandante.
A muller foi trasladada ao Hospital Montecelo en ambulancia e ía estable e consciente, aínda que presentaba lesións de distinta consideración nos membros superiores. Tiña, segundo fontes policiais, erosións e contusións. En canto ao motorista, foi atendido no centro de saúde de Marín por contusión no rostro.
Tamén neste caso, o atropelo produciuse nun paso de petaones sinalizado.