Sindicatos da área sanitaria piden á xerencia que se investiguen as máscaras de protección que provocan comechón e alerxias
Por Redacción
Irritación facial, comechóns, reaccións alérxicas e ata cheiro nauseabundo. Iso é o que provocan algunhas máscaras cirúrxicas que están a circular entre a persoal da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
Sete sindicatos que forman parte da Xunta de Persoal do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHUP) alertan desta situación e, a través dun escrito, esixen á xerencia dos Hospitais públicos de Pontevedra, que lidera José Ramón Gómez, que investigue as causas que provocan esta situación tan molesta para os traballadores de consultas externas estes centros.
CIG, UXT, Omega, CSIF, CC. OO., TSP e SATSE alertan nos escritos enviados á xerencia e á dirección de Recursos Humanos de que se se confirman estes problemas denunciados polo persoal, esas máscaras de protección deben ser retiradas de maneira inmediata.
Sinalan que as queixas de traballadores de consultas externas a medicina preventiva durante as últimas horas provocou xa unha retirada das unidades enviadas a este servizo.
Relacionadas:
-
Satse advirte a Sanidade de fomentar o intrusismo ao outorgar competencias a profesionais da Educación Física para deseñar programas de saúde
Por Redacción |
-
Numerosa manifestación de profesionais do sector sanitario pedindo a dimisión da xerencia dos hospitais de Pontevedra
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
O sindicato Traballadores da Sanidade Pública reclaman test PCR na desescalada do estado de alarma
Por Redacción |
-
Denuncian a mala calidade dos equipos de protección para o persoal de Enfermería
Por Oskar Viéitez |