Moldes critica que o goberno local de Poio copiou unha proposta do PP despois de votar en contra
Por Oskar Viéitez
O grupo municipal do Partido Popular de Poio ven de facer público que o equipo de goberno convocou unha Comisión Extraordinaria de Facenda para tratar e debater sobre a exención do 100% da taxa de basura a negocios pechados "traen unha proposta idéntica do PP de Poio rexeitada fai poucos días por eles mesmos no pleno do mes de maio", aseguran.
Para o portavoz do PP, Ángel Moldes esta actitude "é un exemplo da pouca moral que teñen os tres partidos que forman este equipo de goberno e do pouco preparados que están para gobernar".
Moldes non entende "que lles impedía votar a nosa proposta a favor o outro día" e lamenta que queiran ser "o goberno dos titulares pero non dos feitos".
"Os propios informes técnicos explican que a proposta foi e é do PP e a Interventora o informe que emite baséase na proposta do noso grupo municipal para informar sobre a exención do 100% da tasa de basura", indica Moldes.
"Con esta manobra queda claro que o BNG, PSOE e Avante Poio non teñen nin coherencia nin proxecto para gobernar Poio", conclúe Moldes.