A CIG rexeita que o servizo de mantemento do novo Montecelo sexa privado
Por Redacción
A sección de saúde do sindicato CIG denuncia que a Consellería de Sanidade pretende privatizar o servizo de mantemento do Hospital Montecelo.
Desde a agrupación aseguran que a estratexia da xerencia da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés pasa por adxudicar este servizo a unha empresa tal e como se recolle no prego de cláusulas adminsitrativas para a contratación da reforma e ampliación do Hosìtal Gran Montecelo.
Alertan de que o documento recolle que o licitador incuirá un plan de mantemento do edificio desde o final das obras ata o final do prazo de garantía, tres anos despois, no que deben incluír medios materiais e humanos. Critican tamén que non existe partida orzamentaria para leste este servizo, o que, ao seu parecer, obrigará á empresa para rebaixar a calidade dos materiais de obra.
Desde a CIG lembran que actualmente o servizo de mantemento de Montecelo ten ao redor de 50 traballadores e censuran que a privatización deste departamento encarecerá o seu custo.
Rematan a súa denuncia deixando claro o seu rexeitamento á privatización de servizos como a cociña, a lavandería ou o aparcamento.