Rafa Domínguez arranca a campaña para o 12X: "O PP é a única opción viable"
Por Redacción
A xunta directiva local do Partido Popular de Pontevedra reuniuse este martes nun encontro que serviu para realizar unha análise da situación do grupo municipal un ano despois da celebración das eleccións municipais e sobre a organización do partido para a próxima cita electoral do mes de xullo.
O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, mostrou a súa intención de facer partícipe da planificación das accións a todos os integrantes da agrupación local. "Queremos escoitar a todos, propostas ou queixas, sobre o que teñan que dicir do traballo que se está realizando", declarou.
"O noso grupo municipal traballou sen perder a ilusión. Fiscalizamos o traballo do BNG e do PSOE, achegamos ideas, traballo e ilusión, e por iso somos o partido que máis mocións e escritos presentou", expuxo o presidente dos populares de Pontevedra.
Neste sentido, Domínguez subliñou a importancia de seguir "arrimando o ombreiro como ata o de agora" poñendo como referencia a xestión que a nivel autonómico realizou Feijoo. "As nosas claves serán a prudencia, o rigor e o sentidiño. O noso presidente acreditou durante a pandemia que o PP de Galicia é a única opción viable", asegurou.
Sobre a crise derivada da pandemia do coronavirus, Domínguez considera que para saír da situación "é fundamental que sexan os mellores os que estean ao cargo da nosa comunidade. Non podemos trasladar inseguridade aos galegos. Os nosos veciños necesitan dun goberno autonómico que conte a verdade e arroxe certeza".
O líder da oposición alertou aos seus de que "a estabilidade de Galicia que lle permitiu crecer en todos os ámbitos nos últimos anos está en xogo e Pontevedra terá un papel fundamental para conseguir o mellor para a nosa comunidade", rematou Rafa Domínguez.
Relacionadas:
-
O BNG propón crear rutas seguras entre os concellos para ciclistas
Por Redacción |
-
A campaña do PSOE de cara o 12X terá presenza constante na rúa e acento nas políticas públicas
Por Redacción |
-
Rafa Domínguez contacta co tecido asociativo para agradecer o seu traballo durante a crise
Por Redacción |
-
O PP local inicia unha campaña de recollida de comida para colaborar co Banco de Alimentos
Por Redacción |
-
O PP pide o reforzo dos servizos sociais en Pontevedra
Por Redacción |
-
Rafa Domínguez acusa o goberno de Fernández Lores de "dar as costas ao comercio local"
Por Redacción |
-
O PP critica que a "falta de implicación" do Concello "está a matar ao comercio local e aos autónomos"
Por Oskar Viéitez |
-
O PP propón crear unha comisión no Concello de Pontevedra para "poner los pilares de la reconstrucción"
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Rafa Domínguez, portavoz do PP local, dá positivo por coronavirus
Por Diego Espiño |