Os feirantes pontevedreses saen ás rúas para reclamar axudas
Por Oskar Viéitez
Ao redor dunha trintena de coches percorreron este martes en caravana a estrada entre Mollabao e Marín facendo soar as súas bucinas. Foi un acto de protesta dos feirantes pontevedreses que coa pandemia da covid-19 ven paralizada a súa maneira de gañarse a vida.
Este vai ser un verán sen feiras nin festas nas que traballar, nin perspectivas de cando poderán facelo. Quedaron sen o principal sustento económico que mantén ás súas familias todo o ano.
Estiman que nas festas da Peregrina acoden máis de 250 familias de empresarios.
As tómbolas, tío vivos, os coches de choque, as casetas de tiro, as churrarías, a noria, e demais atraccións de feira non saben cando volverán traballar. A estas alturas do ano estes negocios xa teñen os gastos feitos da tempada, atraccións revisadas, enxeñeiros pagos, seguros pagos, camións con ITV, as naves onde gardan todo o material, todo feito, un diñeiro que xa adiantaron e non saben se perderon.
Por iso reclaman que se non van poder traballar, que lles dean axudas.
Din que seguirán adiante coas súas reivindicacións ata que alguén lles das respostas que precisan.
Relacionadas:
-
Pontevedra reclama á Xunta axudas para os feirantes porque "eles tamén comen"
Por Redacción |
-
RADIO.- Os demoledores efectos do coronavirus en sectores que viven das datas festivas
Por Marisa Ciordia |
-
Así serán as festas na cidade: "sen aglomeracións e con actuacións simultáneas"
Por Oskar Viéitez |