Caldas completa a rede de saneamento no núcleo de Segade de Arriba
Por Redacción
As obras de ampliación das redes de saneamento e abastecemento de auga no núcleo rural de Segade de Arriba, en Caldas, xa están terminadas para dar servizo a preto dun centenar de veciños.
O alcalde, Juan Manuel Rey, asistiu ás probas de bombeo que se realizaron este mércores de forma satisfactoria. "Con estas obras mellóranse moito as condicións de vida neste lugar e aproveitouse para realizar algunhas obras complementarias co obxecto de acondicionar mellor toda esta zona xunto ao río Umia”, declarou o rexedor.
Os traballos serviron para prolongar a rede de saneamento municipal de augas fecais e a instalación de varios tramos de colector ao que xa están conectadas máis dunha trintena de vivendas. Así mesmo, foi ampliada a rede de abastecemento de auga potable seguindo o mesmo trazado que a de saneamento.
A obra serviu tamén para conectas a ambas as redes a antiga fábrica de luz, xunto á fervenza de Segade, coa perspectiva da súa futura rehabilitación. As obras contaron cun orzamento de 150.500 euros, financiado pola Deputación e tiveron unha duración de nove meses.
"Neste primeiro ano de mandato xa se executaron obras de mellora da rede de saneamento e de separativo de pluviais por valor de máis de 280.000 euros, o que mostra o forte compromiso ambiental e co rural do Concello de Caldas”, declarou o concelleiro de Medio Ambiente e Obras, Manuel González.
Relacionadas:
-
O Concello de Caldas limpa a contorna das igrexas rurais coincidindo coa celebración das festas patronais
Por Redacción |
-
Plan de bacheo para rematar coas fochancas en todas as vías de Caldas
Por Redacción |
-
Adxudicadas en Caldas as obras de reposición do muro de contención de Segade
Por Redacción |
-
Caldas de Reis rozará ata xullo todas as estradas, pistas e camiños do municipio
Por Redacción |
-
Caldas de Reis reinicia as obras do edificio municipal da Escola de Música
Por Redacción |