Un curso en Raxó analizará a volta á actividade do sector turístico
Por Redacción
Un curso sobre protocolos e medidas preventivas para evitar contaxios da Covid-19 desenvolverase este xoves 4 de xuño nas instalacións do Centro Cultural Xaime Illa de Raxó. Trátase dunha formación gratuíta que promove o departamento de Turismo e Promoción Económica de Poio coa idea posta na volta á actividade por parte do sector turístico do municipio.
Esta sesión conta con 15 prazas para profesionais que traballen en negocios turísticos en Poio e comezará ás 17.00 horas prolongándose ata as 20.00 horas. Ofrecerase información xenérica sobre o virus, ademais van explicarse as medidas que se deben de adoptar durante a actividade para evitar riscos de contaxio entre a clientela e o persoal do establecemento.
Atenderase aos momentos previos á apertura do local e aos desprazamentos que se realizan no interior. Tratarase como deben utilizarse as zonas comúns ou como atender os casos de aloxamento.
Durante o curso ofreceranse explicacións sobre a limpeza e a desinfección dos espazos. Tamén se tratará a xestión dos residuos e, en concreto, do material de protección.
As persoas interesadas en obter máis información sobre o curso poderán asesorarse a través do departamento de Promoción económica no número 986.770.001, na extensión 1260. Tamén poden enviar un correo a promocioneconomica@concellopoio.org
En función da demanda, o Concello estudaría a celebración de máis edicións para formar aos profesionais para os meses de verán.
Relacionadas:
-
Fin de semana cultural para celebrar o décimo aniversario do Centro Xaime Illa de Raxó
Por Redacción |
-
A Xunta habilita un teléfono gratuíto para resolver dúbidas do sector turístico sobre seguridade sanitaria
Por Redacción |
-
O sector turístico arrincará a finais de xuño
Por Oskar Viéitez |
-
Poio informa o sector hostaleiro da nova normativa temporal
Por Oskar Viéitez |