Ethel Vázquez aborda co sector do transporte público de Pontevedra a inmediata posta en marcha da Tarxeta Xente Nova
Por Oskar Viéitez
A Xunta aborda co sector do transporte público a posta en marcha de forma inmediata da Tarxeta Xente Nova en 13 concellos (Pontevedra, Poio, Ponte Caldelas, Marín, Vilaboa, Soutomaior, Bueu, Sanxenxo, Barro, Moraña, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade e A Lama).
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto co director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, e o director do Igape, Juan Manuel Cividanes, mantivo unha videoconferencia cos responsables das federacións de transporte de pasaxeiros por estrada.
O comezo desta medida estaba previsto para mediados de marzo, pero tivo que adiarse pola declaración do estado de alarma.
Os menores de 21 anos poderán solicitar desde o 10 de xuño este dispositivo que lles permitirá realizar viaxes gratis nos autobuses dependentes da Xunta nestas áreas a partir do 15 de xuño.
Ademais, os maiores de 21 anos destas zonas poderán solicitar e empregar a tarxeta TMG desde esas mesmas datas.
Ethel Vázquez subliñou que esta iniciativa favorece a mobilidade segura, ao evitar o pago en efectivo, e contribúe á sostibilidade do sector do transporte.
Explicou que se confirma que Galicia pasa á fase III, o vindeiro luns empezará a notarse un incremento nos servizos interprovinciais, establecéndose servizos de cando menos o 50% no transporte entre provincias.
A vindeira semana tamén se porá en marcha unha campaña divulgativa para incidir na necesidade de cumprir as medidas de prevención establecidas fronte á covid-19 para desfrutar dun transporte público seguro.
No encontro analizáronse os incentivos da Xunta, de ata 3.000 euros, para que as empresas e os autónomos do sector poidan dotarse de material de protección. Ethel Vázquez lembrou que a Xunta lle vén reclamando ao Goberno central un fondo compensatorio de 8 millóns de euros para paliar o impacto da caída de usuarios.
Relacionadas:
-
O Grove ve "inexplicable" que a Xunta os exclúa do plan de transporte de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Os menores de 21 anos da área de Pontevedra xa viaxan de balde no transporte público
Por Redacción |
-
A tarxeta Xente Nova comezará a emitirse este mércores nos concellos da área de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Chega o transporte interurbano gratis ata os 21 anos na área de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |